CPInclúe

ACTUACIÓNS CPINCLÚE 2022/2023

Os Contratos Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2022/23, a través das seguintes actuacións:

  1. QUÉDA-T
  2. IGUÁLA-T
  3. CONVIVE-T
  4. INCLÚE-T
  5. EMOCIÓNA-T

AULA MEDIACIÓN

Desde o curso 2022/2023, o CEIP Plurilingüe de Vite conta cunha aula de mediación.

A posta en marcha do equipo de mediadores escolares, os "MINIMEDIADORES", é unha das propostas incluída nos CPInclúe no apartado Convive.

Ao longo do curso o alumnado  voluntario de 5º de primaria, participou nun programa de formación en mediación escolar para o fomento da convivencia e da resolución dos conflitos de xeito pacífico, a cargo de Asgamed.

Este programa forma parte do Plan de Convivencia do centro, polo que terá continuidade para os vindeiros cursos.

Resultado da formación son os seguintes tres documentos que xestionan a intervención dos MINIMEDIADORES:

Os mediadores voluntarios remataron o curso moi entusiasmados pola experiencia e déronse a coñecer á toda a comunidade educativa.

O vindeiro curso van traballar tanto na prevención, detección, tratamento, seguimento e na xestión dos conflitos que xurdan no CEIP Plurilingüe de Vite, como unha fonte de experiencia e de aprendizaxe para a vida.

AULA MULTISENSORIAL

O CEIP Plurilingüe de Vite conta cunha aula multisensorial dende o curso académico 2021/2022, grazas ao apoio económico conseguido a través da participación nos CPInclúe e a dotación da Xunta. 

A AULA MULTISENSORIAL, está destinada ao alumnado que necesite experiencias de relaxación, estimulación, comunicación, atención… e en especial, para alumnos e alumnas con NEE e problemas asociados que necesitan unha estimulación específica debido a súa pluridiscapacidade.

A aula conta con materiais e recursos adaptados para estimular os diferentes sentidos: visual, auditivo, táctil, propioceptivo...

Un ambiente diferente de traballo con multitude de posibilidades e pensado para os nosos rapaces e rapazas.

 

Aula Multisensorial 1

Aula Multisensorial 2

Aula Multisensorial 3

Aula Multisensorial 4

Aula Multisensorial 5

Aula Multisensorial 6