CPInnova

Alimentación saudable

Comezou o programa de alimentación saludable, dentro dos Contratos Programa de Innovación. Un ano máis contamos con Eloy para impartir charlas e aprender xogando sobre nutrición sostible. Seran para os cursos de 4° e  2° de EP.

- Luns 19/02  

- Mercores 28/02

- mercores 6/03

- Mercores 13/03

As familias que estean atentas ao que lles conten na casa para face-la compra!

Entroidanzas - Pesdelán

O pasado 5 de febreiro movímo-lo corpo cos ritmos de Entroidanzas - Pesdelán!
Impresionante Mercedes Prieto e a súa alegre banda de diaños burlóns.


Grazas!
#entroidanzas #pesdelán

Calendario Edusaúde

Premendo nesta LIGAZÓN ou en adxuntos podedes ver ou descarga-lo vídeo co proxecto de calendario con froitas de tempada e refráns de cada mes, coas voces do noso alumnado de 2º e 4º de Primaria.

Dentro do CP Innova Edusaúde, promovendo o benestar e a nutrición saudable.