Skip to Content

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Informámosvos que segundo o disposto pola normativa vixente, este curso comezará a realizarse en 4º de EP a Avaliación de Diagnóstico que posúe carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais e  para o conxunto da comunidade educativa. A súa finalidade última é contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación, a través do coñecemento do grao de adquisición das competencias adquiridas polo alumnado.

Realizaranse os días 10 e 11 de abril e consistirá nunhas probas escritas onde avaliarase a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Francés e Inglés (No noso centro Inglés)

 

NORMATIVA (pincha enriba para aceder ao contido)

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma 

 

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

 



page | by Dr. Radut