Skip to Content

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO

Comunicamos que xa están expostas as listaxes de alumnado admitido para o curso 2024/2025 no taboleiro da secretaría do centro.

Informamos que as solicitudes presentadas para 4º de Educación Infantil e 4º de Educación Primaria están todas admitidas.

En canto ás solicitudes presentadas para 3º de Educación Primaria temos que comunicar que tras o proceso de baremación quedou unha excluída.

Para calquera aclaración podedes chamar ao centro ou pasando por secretaría.

Vémonos en xuño para a formalización de matrícula (prazo do 20 ao 30)

II XORNADA DE XOGOS EN FAMILIA

DÍA DO LIBRO

 

O próximo 23 de abril celebraremos o día do libro, polo que vos propoñemos esta actividade en familia na que teredes que poñer en marcha toda a vosa creatividade.

Encheremos o cole de fotos!! Mándanos a túa!!

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Informámosvos que segundo o disposto pola normativa vixente, este curso comezará a realizarse en 4º de EP a Avaliación de Diagnóstico que posúe carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais e  para o conxunto da comunidade educativa. A súa finalidade última é contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación, a través do coñecemento do grao de adquisición das competencias adquiridas polo alumnado.

Realizaranse os días 10 e 11 de abril e consistirá nunhas probas escritas onde avaliarase a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Francés e Inglés (No noso centro Inglés)

 

NORMATIVA (pincha enriba para aceder ao contido)

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma 

 

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 24-25

 

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COMPARTÍCHEDES ESTAS TARDES CON NÓS, COÑECENDO O NOSO PROXECTO E AS NOSAS INSTALACIÓNS.

PERÍODO DE ADMISIÓN

A partir do vindeiro venres día 1 de marzo e ata o día 20 poderedes presentar no centro as SOLICITUDES DE ADMISIÓN para as vosas fillas e fillos.

Podedes aceder a toda a información e ás solicitudes a través da seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Tamén podedes facervos coa SOLICITUDE na secretaría do centro.

 

Horario de  secretaría: 

DE LUNS A VENRES DE 9:00 A 9:45h. 

 

En caso de non poder acudir neste horario podedes poñervos en contacto con nós chamando ao 881938194.

 

 

PARA TER ENERXÍA, APRENDER E XOGAR, AS PARVAS DO SAN XOÁN!!!

SABIADES QUE NO NOSO COLE TEMOS UNHAS MERENDAS SUUUUPER RICAS E MOI SAUDABLES???!!!

SI, SI, MIRADE, MIRADE.... (pincha na foto)

 

 

SEMENTANDO CULTURA

POIS SEGUIMOS COÑECENCO OS ESPAZOS DO SAN XOÁN E, QUEN MELLOR QUE AS NOSAS CRIANZAS PARA ACHEGARVOS O QUE SINTEN E GOZAN NELES???

MIRA E ESCOITA (pincha na imaxe)

COÑÉCENOS!!!

QUE CHE CONTAMOS DO SAN XOÁN...?

Distribuir contido


by Dr. Radut