Skip to Content

Axudas

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-2025

No DOG do 20 de maio saíu publicada a Orde de 7 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
 

Para máis información podedes consultar no portal educativo da

Xunta (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ), ligazón Fondolibros, 

na secretaría do centro, chamando ao teléfono 881938194

ou no DOG.

 

O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES NO CENTRO

ESCOLAR OU MEDIANTE A SEDE ELECTRÓNICA REMATA O 21 DE XUÑO.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN:

- ANEXO I (solicitude) debidamente cuberto.

- ANEXO II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

Se a persoa solicitante (Anexo I) e/ou os membros computables (Anexo II) se opoñen a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos.

• DNI ou NIE

• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta desta, o certificado de imputacións de renda do exercicio 2022. Será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

DOCUMENTACIÓN:

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

• En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

b) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

c) Resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida, no caso que corresponda.

d) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

e) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor/titores carezan de DNI e NIE.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específca, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.

Distribuir contido


by Dr. Radut