OBXECTIVOS QUE O COLEXIO SE PROPÓN CONSEGUIR
· Favorecer a tolerancia respecto das crenzas relixiosas e non relixiosas, sempre que respecten os valores democráticos e de estado de dereito.
· Favorecer a tolerancia respecto doutras etnias e culturas cara a conseguir a plena integración na vida escolar de todos os nenos e nenas evitando calquera tipo de discriminación.
· Conseguir que os/as alumnos/as valoren e estimen a lingua e cultura da comunidade galega.
· Potenciar o galego como lingua de relación
· Estimular o desenvolvemento do pensamento crítico potenciando a capacidade de análise e síntese
· Potenciar a creatividade
· Fomentar hábitos de traballo en xeral e de estudio en particular que faciliten o traballo persoal
· Inculcar valores como:
Tolerancia, Solidariedade, Igualdade, Responsabilidade, Respecto, defensa do medio natural, Paz, Interculturalidade, Cooperación, Respecto, Xustiza e Liberdade.