Skip to Content

O NOSO CENTRO. PROXECTOS 2023-2024

Descubrindo o norte na Universidade de Vigo

O próximo día 24 de maio, o alumnado de 6º visitará as instalacións do Campus Universitario de Vigo na que os a cultura, a formación, a actividade física e a socialización serán os protagonista. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto, algunhas orientacións básicas, así como  o itinerario para poder chegar ao aparcadoiro.

 O catedrático Pío González Fernández, do departamento de Física Aplicada coordinará os obradoiros científicos que acercará o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación, Julia Serra, nos presentará os avances conseguidos no campo dos biomateriais, ámbito que no que ten gran progatonismo en España.

Doutra banda, Dª Mª José Cordero Ferradás e Dª Lorena Vázquez Iglesias, do equipo que dirixe Dª Isabel Pastoriza Santos no Centro de Investigación en Nanomateriáis e Biomediciña achegarán ao noso alumnado ao campo das nanopartículas, ese "inframundo" de ferramentas que son importantísimas no presente e o futuro da medicina.

A Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade nos guiará pola contorna do campus para coñecer un chisquiño mellor a súa biodiversidade.

E, finalmente, despois de tanto coñecemento, ben nos merecemos unha boa sesión deportiva. Nesta ocasión será a través do deporte de orientación, onde o Servizo de Deportes da Universidade colaborará connosco para que esta actividade sexa posible. Toda unha experiencia educativa.

parquing como chegar
Aparcadoiro Punto de encontro Programa Tríptico Información interesante Recomendacións

Previsións

meteorolóxicas

Letras Galegas 2024 - Luisa Villalta

LETRAS GALEGAS

 

2024

 

 

 

LUISA VILLALTA

 

Video sobre a biografía de Luísa Villalta feito polo alumnado e o profesorado de 5º do Colexio Pío X (Ourense)

 

 

 

 

 

 

 

Actividades aloxadas na páxina web do Seminario Galán

 

                      

 

                            

      

 

 

        

 

 

 

 

ACTIVIDADES ALOXADAS

EN

PRIMAVERA DAS LETRAS (RAG)

 

 

 

SOPA DE TÍTULOS VILLALTESES

 

 

 

 

 

 

Galicia nas chaves do tempo

 

 

 

Máis

 

Obras de Luísa Villalta

 

 

 

Encrucillado sobre Luísa Villalta

 

 

 

 

Completa con vogais

 

 

 

As chaves do tempo 1.1

 

 

 

 

Luisa Villalta 2

 

Descubrindo a Serra do Galiñeiro. Fase práctica co alumnado de 5º e as súas familias.

O venres, 10 de maio, o alumnado de 5º e as súas familias veñen de completar a xornada da fase práctica do proxecto "Descubrindo o norte" no monte do Galiñeiro. Foi unha xornada intensa e moi aproveitada na que alumnado, familias e equipo docente compartimos unha experiencia educativa completa onde o alumnado amosou o seu desenvolvemento competencial nos distintos ámbitos do coñecemento.  Pola mañá, da man de José Taboada e Basilio, fomos partícipes do proxecto "Lendo o monte" que leva adiante a Comunidade de montes de Vincios. Pola tarde, coa inestimable cooperación das familias do alumnado desenvolvimos unha carreira de orientación e unha visita turística guiada polo alumnado de 5º na paraxe arqueolóxica "Auga de Laxe"

Todo isto sen a implicación activa e entusiasta de todos os participantes non houbera sido posible. Moitas grazas a todos. En 6º continuaremos.

Galería fotográfica Vídeo curto

Descubrindo o deporte de orientación

O deporte de orientación é a actividade que vertebra o noso proxecto “Descubrindo o norte”. Nel conflúe toda unha serie de competencias que axudan a sentar as bases do desenvolvemento físico, socio-emocional e cognitivo. Ao longo do curso estivemos traballando obxectivos e competencias lingüísticas, científicas, medio-ambientais, culturais, artísticas, lóxico-matemáticas e, por suposto, físicas. No que levamos deste trimestre estivemos traballando e adestrando este deporte, ademais de preparar os aspectos culturais que teremos que poñer en práctica dentro duns días na serra do Galiñeiro e no campus da Universidade de Vigo.

Galería fotográfica

Descubrindo a Serra do Galiñeiro

O alumnado de 5º xunto coas súas familias e os seus mestres e mestras compartirán unha xornada formativa, cultural, deportiva e lúdica o vindeiro venres, día 10 de maio na Serra do Galiñeiro (zona do merendeiro). Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto , así como algunhas orientacións básicas e o itinerario para poder chegar ao punto de reunión. Esta actividade pertence ao proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta.

como chegar
Como chegar Recomendacións Programa Información interesante Previsións meteorlóxicas

NOTA: O mesmo que en anos anteriores, se o tempo o permite, o rematar a actividade, podemos merendar todos xuntos.

Descubrindo as mulleres da Escola de Ramón y Cajal co Dr. D. Carlos Spuch

A visita de D. Carlos Spuch ao noso colexio supuxo unha festa e goce científico entre o noso alumnado de 6º. O evento dividiuse en dúas partes. A primeira na biblioteca do centro, onde o Dr. fixo unha presentación sinxela e breve sobre D. Santiago Ramón y Cajal. Máis que nos datos biográficos, o invitado completou a súa poñencia con numerosas anécdotas da vida do pai da neurociencia así como das mulleres pioneras da ciencia e da "Escuela" que creou o Premio Nobel. Despois dun pequeno cambio de impresións, pasamos ao laboratorio, onde desenvolveuse a segunda parte do acto. Nesta dependencia, o alumnado puido sentirse neurocientífico por un día. Foi unha experiencia fantástica na que o alumnado obserbou nos microscopios as mostras dos cortes de neuronas, cerebros humanos e de ratos que o científico preparou, facendo as respectivas anotacións e debuxos sobre as observacións desenvolvías.

Como sempre, D. Carlos Spuch non defraudou. Agradecemos moito a súa colaboración co proxecto Descubrindo o norte.

Galería fotográfica Carta de agradecemento

Descubrindo a bicicleta co Club Ciclista Vigués

Cada vez son máis as persoas que recorren ás bicicletas como medio de transporte limpo e respectuoso co medio ambiente. Desprázanse polas cidades en bicicleta, para ir ao traballo ou darse un paseo, e os carrís-bici son cada vez máis frecuentes en todos os lugares. Ademais, as bicicletas, son un elemento ao que podémoslle sacar moito beneficio tanto a nivel familiar como escolar e deportivo. A dimensión escolar no ámbito da educación vial está clara; no ámbito familiar é unha boa escusa para iniciar aos cativos dun xeito divertido nos hábitos de vida saudable facendo xogos e pequenas excursións adaptadas ás respectivas idades; No ámbito do deporte non fai falta falar moito: ciclismo, MTB, Orientación en bici(MTB-O)... E neste sentido, un ano máis, o Club Ciclista Vigués achegou ao noso alumnado a súa paixón por estes deportes.

Moitas grazas unha vez máis a María, Ángel, Elsa e Fátima. Grazas ao Club Ciclista Vigués.

Galería fotográfica

 

 

Descubrindo o bádminton

A inclusión e equilibrar as diferenzas individuais son obxectivos que o proxecto "Descubrindo o norte" leva no seu ADN e, como ben sabedes todos os que seguides as nosas actividades dentro do marco da Educación Física, para conseguilos, apoiámonos nos deportes alternativos e os minoritarios, nos cales as diferenzas técnicas e as habilidades individuais redúcense notablemente, o cal facilita a inclusión.
Por que eliximos o bádminton neste caso, pois porque se trata dun deporte de baixo impacto articular, é igual de accesible para ambos os sexos, favorece o desenvolvemento de habilidades físicas fundamentais dos máis pequenos, é alcanzable para todos, é un deporte dinámico e divertido…

Despois de traballar este deporte no colexiona correspondiente unidade didáctica, o alumnado de 3º participou nunha xornada lúdico-deportiva con varios colexios da contorna no IFEVI. O Servicio Provincial de Deportes facilitou o desenvolvemento desta xornada.

Galería fotográfica
Distribuir contido


by Dr. Radut