A CDU explicada polo alumnado de sexto

O alumnado de sexto elaborou un vídeo que vai ser parte da formación de novos usuarios da biblioteca os vindeiros anos. Trátase dunha pequena explicación do que é a CDU (Clasificación Decimal Universal) que se utiliza nas bibliotecas de todo o mundo para a clasificación dos seus fondos.

Para iso utilizaron a pantalla chroma, o que nos permitiu ter multitude de fondos sen movernos do sitio.

Podedes ver o vídeo premendo na seguinte imaxe:

 

                                                        CDU

O Entroido no colexio

A pasada semana celebramos o entroido, cada día fomos obedientes e cumplimos os mandatos do MECO, este ano tratábase de non comprar nada e vestirnos con cousas da casa, e o venres saimos desfilando coas nosas mellores galas. Moitísimas grazas, familias!

 

Entroido

 

Novas

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2022/2023

 

Normativa de aplicación

 

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

POSTOS ESCOLARES: Listaxe de plazas vacantes por nivel

1º nivel: 16 vacantes

2º nivel: 3 vacantes

3º nivel: 7 vacantes

4º nivel: 2 vacantes

5º nivel: 18 vacantes

6º nivel: 14 vacantes

 

 

PRAZO:

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de marzo de 2022.
  • Solicitude Anexo II (ED550B)
  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios a baremar.

 

DIA DA PAZ 2022

 

Celebración do día da paz, para que quede no recordo grabamos este video acompañados da canción "Capaz coa Paz" do mestre Iván Vale. Moitas grazas a todos alumnado e mestres/as. 

VIDEO

                                                        

 

 

   ADMISIÓN - RESERVA DE PRAZA IES VILAR PONTE

CURSO 2022/23

 

 

O prazo está aberto dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (ambos inclusive) e as solicitudes poderanse presentar en papel na secretaría deste centro (CEP Lois Tobío) ou na aplicación "admisionalumnado" (é preciso ter chave365 ou certificado dixital)

 

En caso de separación ou divorcio a solicitude deberá vir asinada por ambos proxenitores.

 

A publicación das listaxe será antes do 25 de febreiro no taboleiro de anuncios da entrada deste centro.

 

 

 

 

NOVIDADES NA VOLTA AS AULAS (XANEIRO 2021)

 

 

A partir do día 10 de xaneiro, coa volta ás aulas logo das vacacións, volverán a cargarse os casos en Educovid por parte da CSC, para o control e seguimento epidemiolóxico, requiríndose novamente a colaboración dos Equipos Covid dos centros. Como saben, de acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

 

Dende o CEP Lois Tobío recordamos que según temos marcado no protocolo:

- Antes de vir ao cole, debemos realizar unha enquisa de autoavaliación para ver si nos atopamos ben.

 - Non mandamos aos nenos ao centro se presentan síntomas compatible co covid-19 ou se nos atopamos en illamento ou corentena.

- Avisamos ao mestre ou mestra si nos atopamos mal no cole.

 

Moitas grazas familias.

 

 ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

 

E ata aquí chegou o primeiro trimestre, hoxe 28 de decembro, a piques xa de rematar o ano, queremos deixar aquí unha pequena rexeña de todas as actividades que fixemos, algunhas aparecen recopiladas no blog da biblioteca, lembrade visitalo de vez en cando.

 

Unha mostra do bo facer dos nosos nenos e nenas son as actuacións musicais que fixemos en grupos reducidos para celebrar o último día de clase:

 

Panxoliñas por Nadal

 

Tamén queremos ensinarvos a felicitación de Nadal que, este mes de decembro,se montou xuntando as palabras con encanto que elexiron e imprimiron na impresora 3D os alumnos do CEP Lois Tobío coas postais que cada aula elaborou, para enviar aos distintos lugares do noso municipio.

 

 

Felicitación de Nadal

 

 

Temos que agradecer a ANPA LOIS TOBÍO a xestión de dúas actividades:

 

A actuación no teatro de MOC MOC coa obra " O axudante de Papá Noel" para os nenos e nenas de 3º ata 6º:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E a visita de Papá Noel e unha das súas elfas aos máis pequenos do colexio:

 

Visita de Papá Noel

 

Este ano volvemos a retomar as saidas a visitar tanto zonas cercanas do concello como lugares un pouco máis alonxados, mirade que ven o pasaron os nenos e nenas de quinto e sexto.

 

Excursión de quinto a Corax-Betanzos

Excursión de sexto ás fragas do Eume

 

E por último, e non por iso menos importante, deixamos aquí as recomendación lectoras que nos chegan dende a Biblioteca:

 

A ler moito este Nadal ( e todo o ano tamén)

Moitas grazas por todo, vémonos de novo o 10 de xaneiro.

 

 

 

 

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS DE PAIS/NAIS

 

Unha vez rematas as votacións por parte dos pais e nais do alumnado do CEP Lois Tobío realizouse o escrutinio dando como resultado:

Mª del Pilar López García......................13 votos

Susana Fanego Pereira............................11 votos

Polo que entra a formar parte do Consello Escolar a candidata máis votada, quedando como suplente a outra candidata.

 

O Consello Escolar constituirase o vindeiro martes, 30 de novembro.

 

 

 

PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS NO SECTOR DE

 

NAIS/PAIS ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

Rematado o prazo de presentación de candidaturas dos pais/nais ao Consello Escolar e reunida a Xunta Electoral, faise oficial a proclamación das candidaturas:

CANDIDATURAS PRESENTADAS 

Nestas eleccións elexirase un representante das familias.

As votacións terán lugar o martes día 23 en horario de 17:00 á 19:00 no edificio principal do centro.

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Achegamos instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia.

RESUMO:

  • Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

  • Presentación de solicitudes

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

  • Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

  • Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Están colgadas no corcho da entrada do centro o listado de nenos/nenas que teñen dereito a máscara. En breve avisaremos cando é o día de recollida. 

 

 

APERTURA DO PLAZO PARA A ADMISIÓN DE CANDIDATURAS

AO CONSELLO ESCOLAR (4 AO 14 DE NOVEMBRO)

Hoxe pola mañá quedou constituida a Xunta Electoral que regulará o proceso das eleccións ao Consello Escolar 2021/22. Os seus membros son:

 

Ada Adrio Folgueira, directora do centro,

Concepción Seara Cerdeiras, mestra do centro,

Mª Pilar Sanjurjo González, nai de alumno,

Marlén Pereira Varela, persoal de administración e servizos.

 

 

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa devandita lexislación, procede a 

adopción dos seguintes acordos:

 

1) Aprobar e publicar os censos de electores no taboleiro de anuncios do centro.

 

2) Solicitar o representante ao Concello.

 

3) Solicitar o representante a ANPA

 

4) A presentación de candidaturas poderase facer efectiva entre os días 4 e 14 de novembro

de 2021, en horario de 9:35 a 14:35 horas. Os impresos están aá súa disposición na

Conserxería. Poderanse presentar como candidatos todos os pais, nais, titores legais de

alumnos/as que o desexen.

 

4) A proclamación de candidatos levaraa a cabo a Xunta Electoral o día 15 de novembro e

poderanse presentar reclamacións os días 16 e 17 de novembro en horario de 9:35 a 14:35

horas.

 

5) A Xunta Electoral resolverá as reclamacións e confeccionará as papeletas de votación o día

19 de novembro de 2021. Ese mesmo día presidirá o sorteo dos membros da Mesa electoral

da elección de representantes de nais/ pais en acto público.

 

6)A constitución da mesa electoral e as eleccións ao Consello Escolar, mediante votación

directa, secreta e non delegable, terán lugar os días e horas que se indican a continuación:

 

- Mestres/as, o día 23 de novembro, ás 16.00 horas.

 

- Pais/nais, o día 23 de novembro, de 17:00 ás 19:00

 

Poderán votar todos os pais/nais ou titore/as legais que o desexen, e deberán acreditar a súa identidade

mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo.

 

 

7) O día 23 de novembro de 2021, a Xunta Electoral atenderá e resolverá todas as posibles

reclamacións. O mesmo día proclamará os candidatos electos.

 

8) Remitiranse copias das actas á Inspección e Xefatura Territorial o día 24 de novembro.

 

 

9) Antes do 2 de decembro levarase a cabo a constitución do Consello Escolar.

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS

 

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN PARCIAL do CONSELLO ESCOLAR.

 

 

O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

 

 

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal non docente

 

 

 

A función desta Xunta Electoral é organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar e fixará o CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

 

 

 

O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade escolar.  

 

 

O consello escolar do CEP Lois Tobío está composto polos seguintes membros:

  1. O director/a, que será o seu presidente.
  2. O/A xefe de estudos
  3. Un/unha representante do concello.
  4. Un/unha representante do persoal non docente
  5. Cinco mestres elixidos polo claustro
  6. Cinco representantes dos pais/nais de alumnos/as (un proposto pola ANPA)
  7. O secretario/a do centro, con voz, pero sen voto.

Cada dous anos renóvase parcialmente o consello escolar. Tocaba renovación en novembro de 2020, pero por mor da pandemia quedou adiada ata este novembro 2021, onde serán renovados 3 profesores/as, dous pais/nais(un deles será o representante da ANPA) e o persoal non docente.

 

O calendario para este proceso é o seguinte:

  • Constitución da Xunta Electoral :3 de novembro

  • Admisión de candidatos do 4-12 de novembro.

  • Proclamación de candidatos: 15 de novembro.

  • Reclamacións ás proclamacións de candidatos: 16 e 17 de novembro.

  • Resolver Reclamacións:19 de novembro.

  • Confeccionar papeletas:19 de novembro.

  • Sorteo mesas electorais pais/nais alumnos: 19 de novembro.

  • Votación pais/nais: 23 de novembro

Iremos informado de todo o proceso aquí na web e por abalar.

 

 

 

 

 

 

O SAMAÍN CHEGOU AO TOBÍO

 

Este ano xa puidemos disfrutar un pouco máis da festa do Samaín, o colexio está cheo de cabazas, algún que outro esqueleto e moitas

zonas escuras. Foi xenial todo o traballo que fixeron as familias nas casas e os nenos cos mestres no cole. O profe de música, Iván Vale,

fíxonos unha canción para que non teñamos medo.(pinchade na imaxe)

 

Canto nos gusta ter o cole así!!!

 

 

 

 

 

 

CRESCENDO (WESTERN)

 

 

 

Este domingo emitiuse en RTVE o programa CRESCENDO, nesta ocasión os nenos de segundo fixeron un

programa de película coa axuda do mestre de música e as súas titoras. Viaxaron ao lonxano oeste para descubrir

as músicas máis vaqueiras de Elmer Bernstein e degustaron espaquetes co "O bo, o feo e o malo" e a música de

Morricone.

No programa tamén celebraron a chegada do outuno e o bicentésimo oitavo aniversario do nacemento de Verdi.

 

 

 

 

 

 

HORARIO DE ENTRADAS

Todo o alumnado pode entrar no recinto dende que se abren as portas as 9:20 horas ata as 9:35 que comezan as clases, a medida que vaian entrando

irán subindo para as aulas, agás o primeiro día, que formarán filas co mestre titor no patio.

 

REPARTO DE PORTAS PARA AS ENTRADAS

1º e 2º curso  entra polas portas pequenas en fronte do edificio pequeno

3º e 4º curso entra pola porta principal pequena.

5º e 6º curso  entra pola verxa grande do patio.

Alumno transportado entra pola verxa grande do patio.

 

HORARIO DE SAIDAS

1º curso sae as 14:25

                        2ºcurso sae as 14:35

3º curso sae as 14:25

                       4º curso sae as 14:35

5º curso sae as 14:25

                      6º curso sae as 14:35

 

REPARTO DE PORTAS PARA AS SAIDAS

 

1º e 2º curso sae polas portas pequenas en fronte do edificio pequeno

 

3º , 4º, 5º e 6º curso sae pola verxa lateral que da ao aparcamento da cruz vermella.

 

Alumno transportado sae pola verxa grande do patio.

 

 

ALUMNADO DE COMEDOR

 

 Saen por grupo de nivel as 15:30 (aprox) pola porta principal pequena.

 

 

NORMAS XERAIS

O uso de máscara dentro do recinto é obligatorio.

As familias non poden entrar dentro do recinto (so se permite a entrada, no recinto, das familias dos nenos de 1º curso o xoves 9 e o venres 10).

 

 

PROTOCOLO COVID 2021/2022

 

 

 

LISTADO DE MATERIAL POR NIVEIS

Material 1º curso

Material 2º curso

Material 3º curso

Material 4º curso

Material 5º curso

Material 6º curso

 

FONDO LIBROS 2021/2022

 

O 1 de setembro, en horario de 16 á 18 horas, o centro permanecerá aberto para que todas aquelas familias que ainda non recolleran os libros de préstamo ou os cheques para a compra de libros e material poidan facelo.

Para acudir ao centro é preciso facer uso da mascarilla.

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2021/2022

 

A día 5 de xullo de 2021 están admitidos no comedor, de maneira provisional, todos os

alumnos e alumnas que fixeron solicitude para usar este servicio durante o curso

2021-2022. A lista definitiva será publicada, no corcho do centro, en setembro, logo da

reunión do consello escolar.

 

 

 

 

 CURSO 2020/2021

 

 

 

 

FIN DE CURSO

 

Podedes pasarvos polo blog da biblio para ver as recomendacións lectoras que nos fai BIBLIORETA, a nosa mascota:

 

E tamén para recordar eses momentos tan "máxicos" que vivimos gracias ao super mago KIKO CARROLO.

 

 

 

 Moitas grazas.

 

 

O CHALANO 2021

 

EXTRA, EXTRA!! Aquí tedes o último número do noso xornal.

 

 

 

 

 

 

PROCESO DE MATRICULACIÓN

 

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria.

20 - 30 de xuño

Os días 21 e 22 o horario de secretaría será unicamente de 9:35 a 10:30.

o restos das xornadas poderáse acudir ao centro en horario de 10:00 a 13:00 da mañá.

Impreso para descargar.

Poden solicitarse os impresos no centro.

Documentación necesaria para a formalización da matrícula:

- Volante do padrón

- Fotocopia DNI dos pais.

- 2 fotos.

- Copia tarxeta sanitaria.

- Copia libro de familia ou certificado de convivencia.

- Copia dictame custodia, se fora o caso.

- Informe médico.

- Copia do libro de vacinas.

 

Formalización da matrícula na ESO

 

25 de xuño - 10 de xullo(plazo xeral)

 

IES VILAR PONTE

Data para a matrícula o día 25 de xuño.

DE 9:00 a 11:00 do A ao N (inicial do primeiro apelido)

de 11:00 a 13:00 do O ao Z (inicial do primeiro apelido)

 

 

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 

 

 

SAIDAS FIN DE CURSO

 

Estes días de fin de curso tiñamos moitas ganas de facer algunhas rutas do camiño do mar. Nos videos e fotos podedes comprobar o ben que o pasamos.

 

 

 

VISÍTANOS PABLO RODRÍGUEZ

 

Este venres visítanos PABLO RORÍGUEZ, membro do corpo técnico do Villarreal C.F., que ganou esta temporada a EUROPA LEAGE.

 

 

Na seguinte WEBQUEST podes coñecelo mellor.

 

Aquí tedes o resultado desta experiencia tan xenial:

 

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN MICRORREDE DE

BIBLIOTECAS ESCOLARES A MARIÑA 2021

 

 

 Xa chega de novo uns dos momentos máis esperados do curso: 

 

 Exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña

 

 

 

Este é a orde na que expoñerá cada centro:
 
Día 1, Martes: CEP Lois Tobío + EOI Ribadeo
Día 2, Mércores: CEIP de Celeiro + IES Illa de Sarón
Día 3, Xoves: Covas + IES ?
Día 4, Venres: Cervo + IES ?
Día 7, Luns: Ceip Vista Alegre + IES Perdouro
Día 8, Martes: CEIP Santa Rita + IES Vilar Ponte
Día 9, Mércores: EEI San Roque + CEIP Xove
 

Como podedes ver o noso traballo exponse o primeiro día, o martes 1 de xuño. Non o perdades.

  

Tedes toda a información no blog da microrrede:

http://microrredeamarina.blogspot.com/

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Este curso si poidemos celebrar o día das letras galegas no colexio.

 

 

A parte colaboramos con outros centros e a Residencia de maiores de Viveiro para facer unha lectura de poemas de Xela Arias.

Video conxunto

 

 

 

EDUCACIÓN VIAL 2021

 Este curso en colaboración coa Xefatura Territorial de Tráfico fixemos unhas xornadas de Ed. Vial

 


 

 

 

 AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2021/2022

 

Estimados pais/nais:

 

Informamos que xa poden solicitar a axuda de libros e material escolar.DOG 20/5/2021

 

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios

dispoñibles na aplicación “FONDOLIBROS” ou na sede electrónica da Xunta de Galicia buscando

o procedemento ED330B(é preciso ter chave 356 ou certificado dixital). Opcionalmente

poderanse presentar presencialmente no centro en horario de 9:35 a 10:30 de luns a venres ou

os martes de 17:00 a 18:00.

 

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 21 de maio ata o 22 de xuño de

2021(ambos inclusive). A solicitude será única para todos os fillos do mesmo

centro educativo (salvo que se presenten por vía electrónica na aplicación “fondo

libros” que hai que presentar unha solicitude por cada fillo/a)

 

 

 

O código do centro que se solicita na casilla “Datos do centro é o 27016674.

 

 

Axuda para libros:

 

 

     - O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria terá dereito á adquisición de vales para a

       compra de libros.      

              RCP ata 6000€ _____ 210

              RCP superior a 6000€ e menor ou igual a 10000€ __________ 140€

 

 

- O alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% terá dereito

a vales para a compra de libros por importe de 275 € con independencia da renda.

 

 

     - O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o   

     maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado.

 

 

 

     - O alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º de Educación Primaria terá dereito a axuda do fondo solidario

de     libros do propio centro.

 

      Préstamo de libros:

 

        Renda per cápita ata 6000€ ----6 libros

 

        Renta per cápita entre 6000 e 10000€ --- 4 libros

 

 

- O alumnado de Necesidade específicas de apoio educativo(matriculado en 3º,4º, 5º ou 6º)

terá dereito a vales para a compra de libros.

 

 

Axuda para material escolar: Terá dereito o alumnado matriculado en educación Primaria con

renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 €. O importe desta axuda será de 50 €. O

alumnado de educación especial, tutelado pola Xunta ou con discapacidade igual ou superior

ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

 

Documentación:

 

-Solicitude asinada Anexo I e Anexo II (comprobación de datos)

 

- Copia do libro de familia (ou certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou

equivalente do concello)

 

-De ser o caso e estar nalgún dos seguintes supostos deberán xustificalo coa documentación

correspondente: Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador,

certificado grao discapacidade por órgano distinto da Xunta de Galicia, violencia de xénero,

resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada e

serulución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado

do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela.

 

 

 

Quedarán excluídos das axudas aqueles alumnos/as que non devolvan os libros adquiridos

coas axudas no curso 2020/2021 ( O prazo é ata o 18 de xuño) e os que superen os límites

de renda.

 

 

 

O alumnado de 6º de Ed. Primaria que pasa ao Instituto presentará alí a solicitude (cando

o fagan de forma presencial)

 

 

 

 

 A E.F. na rúa

 

Este ano, para celebrar o día da E.F. na rúa unímonos todos os colexios da mariña,

mirade como o contan estes nenos no noticiario.

 

Dia do Libro 2021

 

Na seguinte presentación podedes ver todo o que fixemos en tan sinalada data:

 

 

 

 

NOVA ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA NOS CENTROS

 

O luns 12 de abril ábrese o prazo para cubrir unha nova enquisa sobre a convivencia nos centros escolares de Galicia.

 

Está dirixida a familias, persoal de administración, profesorado e alumnado de 5º e 6º de E.Primaria.

 

O martes, cada alumno/a do colexio levará para casa unha carta explicando o proceso e a clave que poderedes usar como familia par cubrir esa enquisa, que ten caracter anónimo.

 

A clave é única para cada familia. So pode usarse unha vez e non podemos xerar ningunha outra clave nova, polo que vos pedimos que a usedes correctamente porque non podemos darvos outra.

 

Nos enlaces que van a continuación podedes ver toda a información e os accesos para os distintos colectivos.

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33594 (información xeral)

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_uso_censual_2021.pdf (Guia do usuario)

https://www.edu.xunta.gal/convfamil (enlace para as familias)

https://www.edu.xunta.gal/convobrig (enlace para os alumnos de 5º e 6º)

https://www.edu.xunta.gal/convee (enlace para o alumnado con necesidades especiais)

https://www.edu.xunta.gal/convdoce (enlace para o profesorado)

https://www.edu.xunta.gal/convpas (enlace para o persoal de administración e servicios)

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA POESÍA

 

Este ano, o día da poesía foi de pareados. Visitade o blog da biblioteca para ver os traballos que fixemos.

Blog Biblioteca

 

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Este ano cada aula tiña unha mochila para facer o camiño que enchemos e mensaxes que dan vida.

8 de marzo

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/22

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022 NO CEP LOIS TOBÍO PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

 

 

O prazo de presentación de solicitude é do 1 ao 22 de marzo (ambos inclusive).

 

A solicitude (ED550B) está á vosa disposición en Secretaría do centro ou na

 

aplicación«admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)  e

 

presentarase por víatelemática na aplicación «admisionalumnado» ou en papel na

 

secretaría do centro.

 

 

Coa solicitude é obrigatorio presentar un documento acreditativo da idade do

 

alumno (libro de familia, DNI, pasaporte ou partida de nacemento).

 

 

VACANTES PARA O CURSO 2021/22

 

 

 

ENTROIDADAS PASADAS

 

Os nenos e nenas do CEP LOIS TOBÍO, investigaron sobre como celebraban antigamente

o ENTROIDO os nos@s antepasados.

Tedes toda a información recadada no blog da biblioteca.

 

 

 

 

ENTROIDO 2021

 

E aquí remata a semana de entroido, logo de cumplir os mandatos do Meco, fomos

chegando todos en peregrinación ao Lois Tobio, e como bos peregrinos sacamos fotos

para o recordo ao lado da nosas sinais do camiño.

 

Foi un día diferente pero cheo de bos recordos.

 

                                            

 

 

 

II CARREIRA SOLIDARIA 2021

 

O pasado 29 de marzo coincidindo co Día da Paz, celebramos no colexio a II Carreira

Solidaria, foi un día xenial, podedes comprobalo nas fotos do enlace. Estamos moi

agradecidos polo esforzo que fixestes, todos correndo coas máscarillas, sodes uns

campeóns. Tamén queremos  agradecer as familias a súa gratitude á hora de encher

os carritos con toda a comida que donamos á Cruz Vermella.

 

II Carreira Solidaria

 

Mil grazas a todos!!

 

 

 

DIA DA PAZ/10º ANIVERSARIO DOMUS VI

CRESCENDO, DE RADIO CLÁSICA VISITA O LOIS TOBIO

 

A semana pasada foi unha semana chea de celebracións, que vos deixamos resumidas nos

seguintes videos.

 

O día 29 todo o colexio cerrou unha semana de moito traballo, a ver que vós parece:

 

Vídeo da Paz

 

Os nosos veciños da residencia DOMUS VI están de aniversario, nada menos que 10 anos

cumplen xa, e dende o cole mandamos os nosos mellores desexos. Este foi o video que fixeron

con todas as felicitacións.

 

Vídeo Domus VI

 

Crescendo visita o CEIP Lois Tobío de Viveiro, en Lugo, donde xunto ós alumnos do mestre de

música Iván Vale Fraga descubren a "Sinfonía simple de Benjamin Britten" e o divertidos que

son os seus 4 movementos.

 

Blog biblioteca.

 

Temos uns alumnos xeniais.

Unha aperta grande.

 

 

 

PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O

 

 

ALUMNADO DE PRIMARIA

 

Orde do 6 de novembro de 2020 polo que se regula o procedemento de distribución de

 

máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria e secundaria (Publicada no

 

DOG do 13/11/2020). ED330E

 

Está publicada no taboleiro do patio a listaxe provisional de admitidos no proceso de

distribución de máscaras para o curso 2020/2021. O periodo de reclamacións remata o

mércores 2 de decembro.

 

Podedes pasar polo centro a recoller as máscaras para os nenos.

Prégase respetedes as normas que afectan ao uso de máscaras e distancia social.

Moitas grazas

 

 

 

22 DE DECEMBRO 2020

 

Dende a biblioteca fannos unha proposta moi interesante de recomendacións de todo tipo: lecturas, música e cine.

Non deixedes de botarlle un ollo.

https://tobiobiblio.blogspot.com/2020/12/recomendacions-nadal.html

 

Vémonos dentro duns días. 

 

Apertas para todos.

 

NADAL 2020

Benqueridas familias:

Estamos a piques de rematar un primeiro trimestre que comenzamos cargados de ilusión. Tanto

os nenos como os mestres, e imaxino que as familias en xeral, a pesar do medo que tiñamos,

botábamos moito de menos o noso o día a día no colexio, o estar xuntos e poder mirarnos ós ollos.

Pasamos uns primeiros días cheos de novas normas e novas rutinas, pero temos uns nenos e nenas

que son verdadeiros campións, están a facelo tan, tan ben que dende o centro non podemos máis

que felicitalos e darvos as gracias por remar xuntos neste camiño estraño. 

 

Para estes días de vacacións que nos esperan dende o día 23 ata o 7 de xaneiro, queremos

mandarvos unha mensaxe cargada de fermosas notas musicais e as voces dos nosos alumnos.

 

(pinchade na imaxe)

                                                                                                         https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=36061&mailbox=SU5CT1g&uniq=1608317015097

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE XOGUETES CON MATERIAL RECICLADO

 

Ola a todos/as!!!

Estamos rematando o primeiro trimestre e xa nos quedan poucos días para as vacacións do Nadal.

 

Dende a biblioteca, con motivo da celebración do Nadal, queremos facer unha exposición de XOGUETES FEITOS CON MATERIAL RECICLADO.

Tedes toda a información no blog da biblioteca

 

 

 

Magosto

O venres día 6 celebramos o magosto no cole saíndo ao patio a comer as nosas castañas, cumplindo en todo

momento o protocolo marcado.

Fotos do magosto

 

 

Mércores 4 de novembro:

 

Un ano máis, dende a biblioteca do colexio, seguimos a traballar cos apadriñamentos lectores, pero este ano, como temos que evitar xuntarnos con outras clases, os/as padriños/madriñas e afillados/as enviámonos mensaxes en formato video. Desfrutade deles.

Apadriñamentos lectores

Unha aperta.

 

 

 

 

HORARIO

 

Poden chamar ao teléfono de secretaría 982 870943 para concertar cita

 

Información para familias de 1º ciclo

 

Información para familias de 2º ciclo

 

Información para famillias de 3º ciclo.

 

 

En relación ao protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, o equipo COVID do CEP Lois Tobío elaborou este plan de adaptación para o noso contexto:

Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021.

 

No caso de producirse novidades, estaremos atentos para informar. Esta versión actualizada pretende ser un documento sobre o que poder traballar e realizar achegas e melloras. Calquera membro da comunidade educativa pode realizalas enviando un correo a cep.lois.tobio@edu.xunta.gal.

 

 

 

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2020/21

 

Instrución 3/2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2020-2021.

 

As listas provisionáis serán publicadas o luns 20 de xullo e a lista definitiva publicaráse en setembro despois de abrir plazo de reclamacións e informar e ser aprobada polo consello escolar.

 

Todos os que solicitaron plaza no comedor foron incluidos na lista provisional. Estamos a espera dun protocolo de comedor para saber como se vai a desenvolver este durante o próximo curso.

 

 

 

Colexio Lois Tobío / Viveiro

 

 Curso 2019 / 2020

 

 

 

 

 

 19 de Xuño

Remata un curso estraño.

Hoxe estaríamos no teatro vendo o recopilatorio de imaxes do curso, facendo merendas no

parque, chorando por despedirnos de compañeiros e mestres.....

Pero non vamos a quedar sen ter un día especial, así que, aquí vos queda o xornal deste año,

cargado de imaxes e emocións.

 

O Chalano 2020

 

Bo Verán a todos/as.

 

 

 

Aviso da Biblioteca ás familias

 

Moitos/as de vosoutros/as tedes nas vosas casas algún préstamo da biblioteca ou mochila viaxeira,

queríamosvos pedir de novo a vosa colaboración para a recuperación dos mesmos.

Aproveitando que tendes que facer a devolución dos libros de texto, pedímosvos que, ao mesmo tempo, nos

acerquedes os préstamos da biblioteca ou mochilas viaxeiras.

 

Os pasos a seguir son:

- Datas de entrega: do 22 ao 30 de xuño

- Horario de entrega: de 10 a 13 horas.

- Como entregar o material da biblioteca?: dentro dunha bolsa co nome do alumno/a que fai a entrega e o curso.

 

 

 

Como aconteceu na segunda avalliación, as notas serán cargadas na aplicación abalar o día 19 de

xuño.

Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación para o

desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019/2020, os criterios que se seguiron para

elaborar a cualificación da evaluación ordinaria son:

Procedementos:


-Observación sistemática dos traballos realizados.


- Valoracións dos traballos realizados.


-Recopilación dos materiais que van enviando os alumnos.

Instrumentos:


- Rexistro individual das tarefas entregadas a traves dos diferentes medios: Classdojo,

videoconferencias, mensaxería Abalar, correo electrónico, chamadas telefónicas,etc

 

A cualificación final do trimestre:


Será a media das avalicións anteriores tendo en conta o instrumento de avaliación utilizado, para

poder subir un punto máis (tal e como se establece nas instrucións da Consellería de Educación

Universitaria e F. Profesional do 27 de abril de 2020 poderán ser avaliadas as actvidades

realizadas no 3o trimestre, sempre e cando se fagan de xeito positivo), xa que neste terceiro

trimestre as actividades son de reforzo, repaso e recuperación .


Este punto repartirase da seguinte maneira:


0,5 ao alumnado que entregue todas as tarefas propostas.


0,5 máis a todo o alumnado que a entregue dentro dos prazos e se


manteña vinculado ao centro.

 

 

 

 

 

 

 

PARA OS/AS ALUMNOS/AS DE SEXTO QUE VAN A CURSAR 1º DA ESO NO IES VILAR PONTE

 

Dado que nestes días non se pode facer a visita que todos os anos levábamos a cabo cos/as alumnos/as de 6º

curso para que coñeceran o seu futuro centro, dende o instituto facilitáronnos un documento con información

interesante e consellos para facilitar aos nenos e nenas esta transición. Moitas grazas.

 

Información ESO 2020

 

Grazas pola vosa colaboración 

 

 

 

 

 

 

 

PARA OS NENOS E NENAS DO CEP LOIS TOBIO TEMOS UNHA

MENSAXE MOI ESPECIAL

 

VIDEO

 

Belén, a nosa compañeira intérprete de lingua de signos está a facer uns videos nos que estamos a aprender un montón de cousas sobre a comunidade xorda:

 

Video: Curiosidades sobre as persoas xordas

Video: a comunicación coas persoas xordas.

Video: as persoas xordocegas

Video: sensibilización sobre a xordocegueira

Video: Alfabeto Dactilolóxico

Video: Os signos do cole

Video: Dia Nacional das linguas de signos españolas.

Video: Signos e frases variadas

 

 

 

 

 

 

 

 --------------------------------------------------------------- 

 

Distribuir contido