A Banda de Música no Lois Tobío

As nenas e nenos de segundo e terceiro de primaria tiveron a sorte de poder desfrutar da Banda de Música O Landro de Viveiro no colexio. A banda falounos das súas funcións como dinamizadora da cultura na vila, dos seus compoñentes, tipos de instrumentos e mesmo deixou que o alumnado probara a tocar os instrumentos e sairá a producir sons ou cantar mentres tocaban. Un luxo polo que estamos moi agradecidos. Mambo!

Visita do noso futuro alumnado

O pasado mércores vivimos un día moi especial coa visita do futuro alumnado que se incorporará ao centro dende a EEI San Roque. 

Xogos populares, visita ás dependencias do centro e mesmo unha obra de teatro ofrecida polo noso alumnado de 1º e 2º.

Grazas pola visita e ata o curso que vén!

                               

Prazos de matrícula

Ola:

 

Informase que o período de matricula é dende do día 22 de xuño ata o 

 

30 de xuño de 2023; no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 h.

 

A documentación a aportar para a matrícula é:

 

 

- Volante do padrón

 

- Fotocopia DNI padres e do/-a neno/-a se o ten.

 

- 2 fotos.

 

- Copia tarxeta sanitaria.

 

- Copia libro de familia ou, no seu defecto, certificado de convivencia.

 

- Copia de ditame de custodia, se fora o caso.

 

- Informe médico.

 

- Copia de libro de vacinas.

Pablo, da Fórmula 1 ao Lois Tobío!

Hoxe recibimos unha visita moi especial. Pablo Terroba Seara visitou o centro para falarlle a todo o alumnado sobre o seu traballo na fórmula 1. Pablo traballa para o equipo Red Bull e contounos múltiples aspectos do seu traballo, das características dos coches, das persoas que pasan polo box...

Grazas, Pablo, pola túa visita!

                                                   

VISITA DA GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Dende Lugo recibimos a pasada semana a visita da Garda Civil de tráfico. Nas charlas teóricas e prácticas en aula aprendemos un pouco das normas básicas, funcións da Garda Civil de Tráfico... e logo baixamos ao patio para ver (e tocar) un coche oficial. Tedes máis fotos premendo na fotografía.

Grazas pola visita!

                               

O Sistema Solar

Grazas a todo o alumnado e familias que, espontaneamente, fabricáchedes esquemas, dioramas, xogos... co estudo nas clases do Sistema Solar. Hai verdadeiras obras de artesanía...

                                

Vídeo Ourencanto

Xa está dispoñible o vídeo do Ourencanto 2023, no que participou parte do noso alumnado e que terán con este vídeo un recordo do seu paso polo certame.

Fin de semana moi musical no Lois Tobío

Esta fin de semana vivimos dous eventos moi especiais relacionados coa música nos que tivemos a sorte de poder participar:

O venres ás 20:30, na igrexa de San francisco, o alumnado de primeiro e segundo tivo a oportunidade de cantar xunto á orquestra de corda do conservatorio. Foron tres cancións preparadas nas aulas que logo puxeron en común nun concerto que case encheu a igrexa.

                          

Ao día seguinte, o sábado, unha boa parte do noso coro viaxou a Allariz para facer un concerto xunto aos coro da Escola Municipal de Música de Allariz e o coro Cantiga, de Ourense. Ademais do concerto, o coro tivo a oportunidade de visitar o Museo do Xoguete Galego e tamén visitar a fermosa vila de Allariz. Un fermoso día de música e convivencia.

                                             

Concurso de microrelatos

O equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo un concurso de microrelatos que remata hoxe e no que a persoa gañadora verá publicado o seu relato na revista escolar "O Chalano".

Animádevos!

                                   

Visita das xogadoras do Pescados Rubén Burela FS

No día de onte Peque e Antía, xogadoras de fútbol sala de Burela visitaron o noso centro para contar a sáu experiencia no equipo e a recente consecución da súa sexta Copa da Raíña.

Grazas rapazas pola visita e por ser unha motivación para o noso alumnado!

                            

Distribuir contido