CAMIÑANDO CON ANCAS

Esta semana a Asociación ANCAS visitou o noso cole para motivarnos a ir ao cole camiñando e tamén nos ensinaron moitas normas que temos que cumplir como peóns e pasaxeiros!!Canto aprendimos!!!

XOGOS POPULARES-MAGOSTO 23

O venres, día 17 , o noso alumnado disfrutou dun maravilloso día xogando aos xogos populares con castañas!!

MAGOSTO 23

A pesar do mal tempo este foi o noso día do Magosto.Pasámolo moi ben escoitando as pandereitas e gaiteiras de 6º de E.P!!  Pasámolo xenial!

 

Segundo na Radio Nacional

O alumnado de segundo participou no programa de Radio Clásica "Crescendo" como xa veu facendo o cole nos pasados cursos.

Podedes escoitar o programa premendo na seguinte imaxe:

                                                      

Canción en linguaxe de signos

O noso alumnado aprendeu a signar a canción: "Os terrores favoritos". O resultado foi inmellorable. A gozar!

Visita de Adrián Ben

Visita de Adrián Ben ao CEP Lois Tobío.

O actual campión de España ao aire libre, campión de Europa en pista cuberta, cuarto do mundo no campionato de Budapest 2023 e quinto nos Xogos Olímpicos de Tokio estivo derrochando amabilidade e paciencia para respostar ás preguntas do noso alumnado.

Grazas, Adri, pola visita e por ser un exemplo para a mocidade de Viveiro.

PRIMEIRO DÍA DE CURSO

Para recibirvos este primeiro día de curso encargamos un arco da vella ben grande.

 

Moi feliz inicio de curso!

 

                       

LISTAXES MATERIAL CURSO 2023/2024 POR NIVEIS

ACTUACIÓNS NO NOSO ÚLTIMO DÍA DE COLE

Velaquí un pequeno resumo das actuacións que o alumnado fixo o último día de cole. Grazas ás familias asistentes e ao alumnado pola súa implicación e bo facer.

Pasade o mellor dos veráns!

O Chalano: Curso 2022-2023

Extra! Extra! Xa está aquí O Chalano dixital deste curso. Preme na imaxe e a gozar!

                               

Distribuir contido