Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Novas e avisos

LISTADO DE LIBROS CURSO 22-23

Xa podedes consultar o listado de libros e cadenos para o curso 23-24.

Preme aquí para tela completa.

 

Lembrade que as listas de material escolar se publicarán en setembro.

Axuda Fondo libros e Material

AXUDAS FONDO LIBROS E

MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

 

Para solicitar as axudas correspondentes deben cumplimentarse os anexos I e II e presentalos, tendo de prazo ata o 21 de xuño.

Poderán presentarse na secretaría do centro (en horario de 12:30 a 13:30 horas) ou por sede electrónica (Chave365 ou certificado dixital)

 

Orde publicada no DOG

Anexos I e II

Información e documentación a presentar

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

Facede click na imaxe para acceder á información e descargar os impresos.

 

 

 

 

AVISO:

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

 

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO FOI ADMITIDO NO CENTRO. AS LISTAXES ESTÁN PUBLICADAS NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO.

 

PRAZAS VACANTES CURSO 23/24

 

NIVEL PRAZAS PERMANENCIAS RESERVAS SOLICITUDES TOTAL ALUMNADO VACANTES
50 0 21 8 29 21
50 22 0   22 28
50 36 0 1 37 13
50 33 0   33 17
25 17 0   17 8
50 30 0 1 30 19

 

 

IMPORTANTE:

 

NO MES DE XUÑO TODO ESTE ALUMNADO DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA NA SECRETARÍA DO CENTRO.

 

 

PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 23-24

 

   RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 16 DE XANEIRO  AO 6 DE FEBREIRO.

PARA O ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS.

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso para o alumnado que procede de centros adscritos. (No noso caso teñen que facer a solicitude os alumnos/as que están en 6º curso para 1º da ESO no IES Terra de Turonio).


O prazo comprende dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro


As solicitudes poden descargalas ou solicitalas no centro.

Fai clic para acceder ás INSTRUCCIÓNS DE RESERVA DE PRAZA


Fai clic para acceder ao ANEXO I

 


IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MARTES, 14 de febreiro ás  16:15 H

Un ano máis dá comezo o proceso de admisión para os centros adscritos: IES Plurilingüe Terra de Turonio e CRA ANTÍA CAL.

Por iso o martes, 14 de febreiro ás 16:15h celebramos esta xornada informativa e un percorrido polo centro para o alumnado procedente do CRA Antía Cal e alumnado doutras parroquias que soliciten o centro.

Esperámosvos! 

 

Se tedes calquera dúbida sobre o acceso, admisión ou queredes información xeral podedes chamar no horario de secretaría de de 12:50 h. a 13:40 h. de luns a venres. 

 

 

COMUNICADO: DÍAS NON LECTIVOS 5,6 E 8 DE DECEMBRO.

Lembrámosvos que o vindeiro luns, 5 de decembro, non haberá clase, polo que tampouco funcionarán os servizos de aula matinal e comedor.

Retomaremos as clases o 7 de decembro. O xoves 8 é festivo e o venres 9 lectivo.

 

Cheque escolar complementario (Axuda material)

Aquelas familias ás que se lle concedeu no fondo de libros o cheque de material de 50€, poden pasar polo centro a recoller o cheque complementario de 25€ da ampliación de axuda realizada pola Consellería.

O horario será de 12:50 a 13:40 horas, ao longo desta semana.

O prazo para facer uso de este cheque remata o 1 de decembro.

Recollida Libros 3º EP

O vindeiro mércores 21 de setembro podedes pasar pola secretaría do centro para recoller os libros de textos que vos foron concedidos.

O horario para poder recollelos é de 9:30 a 10:30 horas.

En caso de non poder facelo, pregamos contactedes por teléfono co centro.

 

Inicio curso 22-23

Mañá, 8 de setembro, daremos comezo a un novo curso escolar que, este ano vai ser de película! Benvidos e benvidas!

As clases comezarán como sempre no horario de 9:30 h a 14:30 h. O servizo de transporte pasará polas paradas habituais no seu horario. 

O servizo de comedor empezará mañá, día 8 de setembro, de 14:30 h a 16:00 h. Podedes recoller aos vosos fillos e fillas a partires das 15:30 h.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Equipo directivo

Distribuir contenido


by Dr. Radut