Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Novas e avisos

Prazo para a solicitude de admisión para alumnado de nova incorporación no curso 2022-2023

Ábrese o prazo de solicitude de Admisión de alumnado para o vindeiro curso do 1 ao 21 de marzo.

O impreso de solicitude de admisión pode presentarse no centro en horario de Secretaría (12:30 a 13:30) ou ben a través da sede electrónica coa Chave365.

Consulta a información do proceso e o impreso de solicitude nos seguintes enlaces.

INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN

IMPRESO DE SOLICITUDE ANEXO II. ADMISIÓN

 


 

PRAZO RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 22-23

 

PARA O ALUMNADO QUE VEN DE CENTROS

ADSCRITOS

 

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso para o alumnado que procede de centros adscritos. (No noso caso teñen que facer a solicitude os alumnos/as que están en 6º curso para 1º da ESO no IES Terra de Turonio).

O prazo comprende dende o 11 de xaneiro ata o 8 de Febreiro
As solicitudes poden descargala ou solicitala no centro.


Fai clic para acceder ao anexo

ANEXO RESERVA DE PRAZA


IMPORTANTE: Esta solicitude deberá presentarse no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación



Saúdos,
Equipo Directivo


Información Xeral Familias

Podedes consultar a información xeral do centro premendo na imaxe.

 

Aula Matinal

Estimadas familias, desde a ANPA nos informan que o servizo de Aula matinal comezará o luns 13 de setembro. O horario é de luns a venres, de 8:00h a 9:20h. O prezo é de 30€/mes. No caso de ser días soltos, 4€. Por favor, as familias que queiran ser usuarias do servizo deben entregar a folla de inscrición directamente á coidadora o luns ao chegar. Darémoslle unha copia ao alumnado mañá e estará colgada na páxina web. Saúdos.

 

Impreso Aula Matinal

MATERIAL COMPLEMENTARIO CURSO 2021-2022

Preme no nivel correspondente para acceder á lista de material complementario do curso 2021-2022.

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

VALES MATERIAL E FONDOLIBROS

Estimadas familias,

Benvidas ao novo curso escolar!

Informámosvos da organización para a recollida de vales de material e fondo libros (3º e 4ºEP).
O vindeiro venres 3 de setembro, en horario de 11:30h a 13:30h poderán pasar pola secretaría do centro para recoller os vales de libros e material escolar as familias dos cursos de 1º, 2º, 5º e 6ºEP.
O vindeiro martes 7 de setembro, en horario de 10h a 13:30h poderán pasar a recoller os vales e os lotes de libros as familias de 3º e 4ºEP, soamente quen teña concedida a axuda de fondolibros. Unha vez finalizado este proceso, faremos un reconto dos libros que sobran e avisaremos en caso de que se podan adxudicar os sobrantes ás familias que non lle concederon a  axuda.
As familias que non podan acudir no horario proposto, poden asignar a outra persoa, cunha autorización na que consten os nomes e DNI, da persoa titular e a persoa autorizada debidamente firmada. Poden enviar esta autorización a través do correo electrónico cep.neira.vilas@edu.xunta.gal , ou traela en man ese día. NON se entregarán vales nin libro sen dita autorización.

listaxe de material escolar tamén será publicada nos vindeiro días.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

Para consultar a listaxe definitiva de fondo libros poden acceder á aplicación FONDO LIBROS, no menú "cidadáns" mediante a chave 365 ou certificado dixital

 

Recordámoslles que tanto os lotes de libros como os vales, serán entregados no mes de setembro. As datas para vir recollelos serán publicadas nesta mesma páxina


 

Listaxe de libros de texto curso 21-22

Adxuntamos a listaxe de libros de texto para o curso 21-22

A listaxe de material escolar será remitido a comezos de setembro

Fai clic na imaxe ou no arquivo adxunto

Distribuir contenido


by Dr. Radut