Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Novas e avisos

ENTREGA FONDO LIBROS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ENTREGA FONDO LIBROS 4º E.P

 

O mércores, 7 de setembro, entregaranse os lotes de libros correspondentes ao Fondo libros de 4º de Educación Primaria, no horario de 9:30h a 11:30h.

Listaxes definitivas de Material Escolar

Podedes consultar as listaxes de material escolar para o curso 22-23 en cada un dos niveis educativos.

 

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

 

Entrega vales libros e material escolar

 

 

 O vindeiro martes 30 de agosto poderán pasar  recoller os vales de libros e material escolar pola secretaría do centro en horario de 10:30 a 12:30 horas.

Nos próximos días daremos aviso da entrega dos lotes de fondo libros para 3º e 4º de EP.

 

 

 


 

Listaxe definitiva libros 2022-2023

Publicamos a listaxe definitiva de libros para o curso 2022-2023.

Listaxe de LIBROS de 1º a 6º EP

 

A listaxe de material escolar publicarese en setembro.


 

Admitidos e excluídos en Fondolibros

Listaxe provisional de admitidos e excluídos en Fondolibros

Debido á lei de proteción de datos, non podemos publicar as listaxes na páxina web, polo tanto, a listaxe provisional de admitidos e excluídos en Fondolibros está exposta no taboleiro interior do colexio, así mesmo tamén poden consultar os admitidos e excluídos dos vales de libros e material.


Poden consultar o estado da súa solicitude a través da Chave 365 na aplicación Fondolibros ou ben chamando ao centro dende o venres 1 de xullo ata o próximo venres 8 xullo.


RECORDAMOS QUE OS VALES DE LIBROS E MATERIAL SE ENTREGARÁN EN SETEMBRO


 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Todo o alumnado NOVO admitido no centro para o vindeiro curso 22-23 deberá pasar por secretaria, en horario de 12:30 a 13:30, para formalizar a matrícula a partir do luns 20 e ata o 30 de xuño. O alumnado que continúa no centro non ten que facer ningún trámite.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Documentación a presentar:

  • Anexo III-1 ( Cuberto e asinado ) ANEXO III-1  (Fai clic para acceder)
  • Impreso solicitude Autobús  (Só se o precisan) . IMPRESO

Esta información está dispoñible tamén na sección Secretaría - Novas e Avisos


 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2022/23

O 18 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-23 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 19 de maio ao 22 de xuño.

 

(Fai clic nos enlaces para acceder)

INFORMACIÓN 

          Axudas libros e material escolar curso 22-23

 

Para máis información podedes descargar:

 

 

As solicitudes poderán entregarse das seguintes formas:

 

- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal con código de procedemento ED330B mediante Certificado Dixital ou Chave365.

 

- DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO, en horario de 12:30h. a 13:30h.


 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

 

Todo aquel alumnado que solicitou praza no noso centro para o vindeiro curso académico (22-23) e que non fixo renuncia da mesma, TEN PRAZA NO CENTRO PARA O  PRÓXIMO CURSO

 

 


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut