CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Turonia de 6º: dous días de aventura por Tomiño

Os días 2 e 3 de xuño realizamos a edición de Turonia 2011 cos alumnos de 6º.  Nesta ocasión compartimos a experiencia cos alumnos de Sobrada, Barrantes, e Tebra, colexio que se estreaba nesta experiencia.

Nesta ocasión atravesamos Tomiño dende Pinzás ata Goián, visitando sitios tan fermosos como o río Cereixo, os muíños do Porto, o val de Barrantes-Rexidouro,  as terras de Vilachán,Estás e Figueiró, e naturalmente, o río Miño en Goián. Incluso tivemos mascota da aventura:  Thor, o can de rescate da agrupación de Protección Civil, que disfrutou tanto como o que máis.

Foi unha experiencia inesquecible para os que o ano que ven estarán xa no instituto. Seguro que máis dunha vez comentarán os detalles da aventura.

Pero nós xa estamos pensando na próxima edición. Esta Turonia non remata nunca. Xa van 11 edicións, e temos corda para tempo.

 

 

Aquí podes ver algunhas fotos: