CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Aprendemos esgrima no colexio

Este curso os alumnos e alumans de segundo ciclo recibimos unha clase de esgrima, na que aprendemos que hai tres modalidades:  florete, sable e espada.

Visitáronos dous monitores de esgrima que se chamaban Yann e Gabriel,  que primeiro nos falaron deste deporte olímpico, e logo fixeron unha demostración ou "tirada" entre os dous.

Finalmente fomos nós os tiradores, ou sexa, os que nos enfrontamos cos floretes e as caretas postas.

Foi moi divertido!