Todo o alumnado procedente das unitarias do CRA que fixo reserva como centro adscrito no noso colexio entre o período comprendido entre o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, está admitido.
Podedes consultar, se queredes, a listaxe na secretaría do centro.
O próximo paso, para vós, será a formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Nese momento teredes que traer ao CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán a seguinte documentación:
- Anexo III de formalización de matrícula.
- Folla complementaria de matrícula.
- 2 fotos de carnet.
- 1 fotocopia do DNI dos titores legais.
- 1 fotocopia do libro de familia de tódalas páxinas que estén cubertas.
- 1 fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten).
- 1 fotocopia da cartilla sanitaria.
- Certificado de empadronamento (solicitádeo no Concello de Tomiño, dicíndolle que é para o noso colexio).
Casos especiais:
- En caso de separación ou divorcio Sentencia Xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- En caso de Alumnado ACNEAE, informes médicos achegados pola familia.
O documentos, preferiblemente, deben ser firmados por os/as titulares da patria potestades ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesario a sinatura de ambos proxenitores/as.
Para resolver calquera dúbida:
- Enviar un correo ao cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal
- Chamar ao número 886110738 no mesmo horario de 10:00 a 12:00.