CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Secretaría

Axuda fondo libros e material curso 2020/2021

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/2021

A Conselleria de Cultura e Ordenación Universitaria convocou O Fondo Solidario  e Axudas para adquirir Libros de texto e Material escolar en Educación Primaria e Secundaria para o Curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020).  Esta Orde ten por obxecto regular o procedemento relativo á:

  •  Participación no fondo solidario de libros. Alumnado de 3º, 4º Primaria.
  •  Axudas para adquirir libros de texto.  Alumnado de 1º e 2º Primaria
  •  Axudas para adquirir material escolar. Alumnado de 1º a 6º de Primaria
  •  Presentación de solicitudes. Do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020.

Enlace onde se pode cubrir as solicitudes:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Documentación a presentar

  • Anexo I e Anexo II.
  • Fotocopia do DNI, do libro de familia e outra documentación complementaria de ser o caso. Importante en caso de separación ou divorcio hai que presentar a sentencia xudicial e/ou o convenio regulador da custodia.
  • Os datos dos membros computables da unidade familiar e renda son a efectos do 31 de decembro de 2018 ( casillas 435 e 460).

Tramitación:

Segundo a normativa, e tendo en conta a realidade actual, será preferible a tramitación de forma telemática, para o que precisaredes contar cun certificado dixital no ordenador ou a Chave365.

Como alternativa, poderedes presentar no colexio a documentación indicada. Neste caso, respectando estas indicacións:

Horario:  de luns a xoves, de 9:30 a 14:00 h, seguindo este calendario:

Días: 25 a 28 de maio

Alumnos:  Os que pasan para 2º e para 3º

 

Días: 1 a 4 de xuño

Alumnos:  Os que pasan para 4º e 5º

 

Días: 8 a 11 de xuño

Alumnos:  Os que pasan para 6º, así como os novos alumnos que veñen doutros centros.

 

Días: 15 a 18 de xuño

Alumnos:  os que veñen para 1º procedentes do CRA Mestre Manuel Garcés

 

Todos eles poderán vir nos días e no horario indicado. Se algunha familia non pode realizar este trámite neses días, deberá chamar ao colexio para acordar outro momento, dentro das posibilidades:  886110738  886110737.

Procedemento para os que acudan ao colexio a realizar esta xestión:

Deberán respectar en todo momento a normativa sanitaria establecida segundo os protocolos de seguridade:

  • Virá unha soa persoa
  • Traerá mascarilla
  • Respectará en todo momento a distancia de seguridade no caso de ter que facer fila.
  • Procurará tocar o mínimo de obxectos no centro.
  • Traerá un bolígrafo para poder completar información no seu caso.
  • Traerá a documentación cuberta, con todos os datos e asinada pola totalidade das persoas que teñan que asinar. (Se non ten medios para descargar e imprimir esa documentación, poderá recollela aquí)
  • Manterase aberto o portal de vehículos para que accedades ao recinto en coche, aparcando no patio central ou no aparcadoiro de profesores.

Enlaces importantes:

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2020-21

REÁBRESE O PROCESO DE SOLICITUDE  DE MATRÍCULA NO COLEXIO. 

Para alumnado procedente doutros centros

Prazo: do luns 11 ao luns 18 de maio

Está aberto o prazo para solicitar a matrícula de alumnado no curso 2020-21

Poderedes facelo no colexio, presentando o documento que se adxunta, ou ben a través da aplicación web admisionalumnado.

Atenderase con cita previa; o horario de Secretaría para chamar é de luns a venres, entre 9:25 horas e 12:00 horas.

As persoas que xa chamaron ao centro en época de confinamiento serán chamadas entre o luns e o martes dende o colexio.

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 18 de maio

Podedes consultar máis información no seguinte enlace

Formulario de solicitude para presentar no centro: Anexo I e Anexo II

Nota: O alumnado que fixo reserva dende o CRA ou o que reservou para o IES non ten que facer nada neste momento;  o seu prazo de formalización de matrícula é do 1 ao 10 de XULLO. (Pero de todas formas avisaremos)

Proceso de matrícula para curso 2019-20

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A totalidade dos solicitantes de admisión foron admitidas, por non ter superado o número de prazas ofertadas.  Están publicadas no taboleiro de Secretaría do centro as relacións de admitidos. Póndense consultar en horario de apertura do colexio (9:25 a 14:40 e 16:00 a 18:00 horas)

................

Está aberto o prazo de matrícula para o curso 2019-20.   Se queredes solicitar praza no colexio  para o próximo curso, podedes facelo a través da aplicación web ou presentando un impreso (Anexo II) no colexio.

Prazo:   entre o 1 e o 20 de marzo (incluídos)

prazas ofertadas:

Curso Prazas ofertadas
21 + 6 (*)
23
19
17
11
10

(*) Prazas reservadas para NEE

 

 

Para descargar o modelo Anexo II podes pinchar no enlace da imaxe. Alí accederás a toda a información do proceso.

Tamén podes recoller o impreso na Secretaría do centro (horario:  de 9:25 h  a 12:00 horas),  e  consultarnos para dúbidas no tfno 886 110 737.

Solicitudes usuarios servicio de comedor

Solicitude de praza no comedor

Está aberto o prazo para presentar solicitudes de comedor no colexio para o próximo curso escolar 2018/19. 

Sen non o fixestes aínda, lembrade que cada ano hai que solicitar de novo este servicio. Para iso hai que presentar impreso   na secretaría do centro.  No documento que vos adxuntamos xa veñen incluídas as instrucións. Lembrade que debe vir asinado polos dous proxenitores, no seu caso.

 

Persoal para colaborar no comedor.

Está aberto o prazo para solicitar ser colaborador/a no servizo de comedor escolar do centro.

E requisito imprescindible ser nai /pai /titor legal de alumnos do centro.

De entre as solicitudes recibidas seleccionaranse as que dende o Consello Escolar se consideren máis idóneas para esta colaboración.

Esta colaboración ten carácter altruísta, a título de colaboración social desinteresada, ainda que a Consellería aboará unha compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados, que será de 9,39 € cada día de asistencia.

Podedes recoller a solicitude na Secretaría ou descargándoa aquí.

Para presentala, podedes facelo ata o día 13 de xullo, ou tamén durante o mes de setembro (preferentemente nos primeiros días)

Horario de Secretaría:  10:00 a 13:00 h.

 

Axudas libros, fondolibros e axudas material

Vales para adqusición de libros

Comunicamos que xa temos a disposición das familias os vales para axudas de adquisición de libros en 1º e 2º curso.


 

Vales para adquisición de material escolar

Tamén están listos os vales para adquisición de material escolar nos 6 cursos de primaria. 

Nos dous casos teredes que pasar a recollelos na Secretaría en horario de 10:00 a 13:00 horas. 


 

Fondolibros:

Dado que nos cursos 5º e 6º somos centro EDIXGAL, non funciona nestes o préstamo de fondolibros, quedando soamente para 3º e 4º.

Está publicada a lista provisional de alumnado co número de libros adxudicados do fondo (alumnado de 3º e 4º curso de primaria)  Esta primeira listaxe será provisional, e poderá sufrir modificacións en base a reclamacións ou erros. Ábrese o prazo de reclamacións a este listado ata o venres, día 6 de xullo.

O luns 9 de xullo publicaranse nos mesmos medios a relación definitiva, xa cos libros concretos que se prestarán a cada alumno.

En todo caso,  os libros de préstamo que se adxudiquen, entregaranse a cada alumno no mes de setembro, comezado o curso.

Matrícula para o curso 2018-19

Rematado o proceso de matrícula para o curso escolar 2018/19,  estes son os datos de alumnado inscrito:

Curso Nº alumnos/as matriculados/as
28
30
34
38
40
31

 

Matrícula fóra de prazo.

No caso de que por circunstancias extraordinarias, teñan que cambiar de centro ao fillo/a, como traslado de domicilio ou de traballo, pode matricularse en calquera momento do curso escolar, pero coas condicións seguintes:

  • Unha causa xustificada dentro das contempladas para este tipo de matrícula
  • Autorización da Inspección Educativa.

Para iso deberase presentar na Secretaría do centro a solicitude específica:

Solicitude admisión fóra de prazo

Tamén deberá presentarse o Anexo A que figura máis abaixo.

 

Formularios de admisión ordinarios (no período de matrícula)

Anexo II

Anexo A

Acompañaredes tamén outra documentación que podedes ver nestas instrucións

O horario preferente para atención na Secretaría será de 9:30 a 13:00 horas durante este período. Se tivérades dificultades, consultade telefónicamente para ser atendidos noutro momento.

 

Podedes consultar calquera dúbida no centro, ou chamando aos números:

886 110 737      886 110 738    886 110 736

Folleto informativo do colexio

 

Equipo Directivo

ven ao cep pedro caselles from Alfonso Lorenzo on Vimeo.

Recollida de vales e listado de libros concedidos

Temos xa na Secretaría do centro os vales para material de todos os alumnos que solicitaron e lles corresponde.

Tamén temos os vales para adquirir libros de 1º e de 2º

Con respecto ao fondo de libros para os outros cursos, informamos:

TERCEIRO: Temos libros para atender a totalidades de solicitudes, por tanto, todos os que solicitastes recibiredes libros en préstamo de tódalas áreas. Non teredes que comprar ningún.

CUARTO: Ver listaxe en arquivo que se acompaña. Esta é xa a relación final de libros e se lles entregará ao alumnado en setembro, no comezo de curso.

QUINTO: Temos libros para atender a totalidade de solicitudes, por tanto, todos os que solicitastes recibiredes libros en préstamo de tódalas áreas. Non teredes que comprar ningún.

SEXTO: En Sexto non hai libros de texto.

 

 

Estaremos no colexio a partir do 1 de setembro

Motas grazas.  o Equipo Directivo.

Proceso de matrícula para o curso 2016-17

Publicamos a información necesaria para matricular aos vosos fillos e fillas no colexio para o próximo curso escolar 2016/17.

Referencia lexislativa:

Decreto 254/2012,  do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos...

Orde de 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado...

 

Calendario para o noso centro:

Lembramos que todos os alumnos e alumnas que vaian continuar no noso centro o próximo curso, non terán que realizar ningunha xestión.

 

Calendario do proceso de admisión para o curso 2015/16

(Orde 12 de marzo do 2013 DOG 15/3/2013)

Reserva de praza  para o IES de Tomiño do noso alumnado de 6º

1-15 de febreiro (terán que presentala aquí)

Presentarase Anexo I que poden recoller no centro ou descargar en http://www.edu.xunta.es/web/node/14293,

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

 

Presentación da solicitude de admisión

1-29 de marzo

Presentarase Anexo II,  que poden recoller no centro ou descargar en http://www.edu.xunta.es/web/node/14293.  Presentarase tamén o Anexo A que poden recoller na Secretaría do centro.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

25de abril

No taboleiro do noso centro

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

 No taboleiro do noso centro

Formalización de matrícula  no noso colexio

20 a 30 de xuño 

(oportunamente informaremos de horarios concretos) 

Formalización de matrícula en ESO no IES

 

O IES establecerá os días concretos cando se aproxime a data para a matrícula en 1º curso ESO

 

 

 

 

 Polo tanto, deberase ter en conta:

  • Se queredes matricular aos vosos fillos neste centro, en primeiro lugar teredes que solicitar a praza co ANEXO II e ANEXO A.  Para isto teredes de prazo entre o 1 e 15 de abril.
  • Posteriormente publicarase a lista de admitidos, con prazos correspondentes de reclamacións se fora necesario.
  • Xa no mes de xuño, entre o 20 e o 30,  os admitidos teredes que formalizar a matrícula.  Deberedes entregar nese momento:

Anexo III
2 fotos de tamaño carnet 
Fotocopia do DNI dos titores legais
Fotocopia do DNI do alumno, no caso de que teña
Fotocopia do libro de familia con tódalas páxinas que teñan inscrición algunha.
Fotocopia da cartilla sanitaria
Certificado do padrón municipal
Certificación de matrícula no centro de onde procede.




 

 

 

 

 

 

 

Formularios para descargar:

Anexo I

Anexo II

Distribuir contido