CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

No colexio

As actividades habituais no centro dentro da nosa área

Turonia 2010

No 2010 cumplimos 10 anos de Turonia. Son xa moitas edicións dunha actividade que percorre camiños e lugares do noso propio concello, e que fai que o coñezamos mellor en aspectos particulares, como a súa historia, as súas tradicións, etc, como en cuestións máis xerais, como zooloxía, botánica, etc.

As nosas camisetas e gorras xa son famosas por Tomiño, e a xente comenta "Alí veñen os de Turonia", cando ven pasar unha morea de cabezas verdes.

O logotipo empregado este ano fai referencia ao universo, como recordatorio das actividades que se fixeron no colexio durante o curso.

O Turonia de 6º fíxose conxuntamente con Barrantes e Sobrada, e trazamos o camiño de Santiago en sentido inverso, comezando no Tetón e rematando en Goián.

Pasamos noite no noso colexio, e ao final da segunda xornada, tivemos outra vez a experiencia das piraguas no río.  

Foto dos alumnos diante da igrexa de San Salvador de Tebra

 Unha experiencia inesquecible.

 E tamén fixeron Turonia o resto dos alumnos do colexio. O primeiro ciclo fixo unha ruta pola zona do Xibao, e aprenderon moito sobre herbas e plantas.

O segundo ciclo e 5º curso fixeron un percorrido dende o cole ata Hospital, e dalí ao río de A Pedra. E xa demostraron que están preparados para o turonia final.

Se facedes clic na foto, podedes acceder a un album de fotos do Turonia de 6º 

Gústanos o bádminton

Aos nenos e nenas do noso colexio gústalles moito o bádminton, porque é un deporte divertido, que precisa de moita habilidad..., e que fai que os recreos teñan o ximnasio cheo!

Mirade, si non, estes debuxos:

 

 

 

En Educación Física tamén traballamos a seguridade vial

Tamén a seguridade vial pode ser excusa para traballar a educación física.
Os alumnos de primeiro tiveron unha experiencia interesante, coa posta en práctica da circulación como vehículos ou como peatóns, e coñeceron as consecuencias dunha mala circulación, xa que non faltaron axentes de seguridade vial que velaron por un tráfico seguro.

Axente vixiando os excesos de velocidade

Distribuir contido