Skip to Content

Actividades e saídas. Secundaria

RECOÑECEMENTO AO NOSO CLUB DE LECTURA

O Proxecto Neo, nado da colaboración entre Radio Burela e a Área de Innovación Educativa do IES Perdouro ocupou boa parte do tempo de emisión do seu programa número 121 centrando a atención no último programa de radio que o noso equipo locutor do club de lectura gravou recentemente.

Desde este enlace (a partir do minuto 33) poñemos a disposición de toda a comunidade educativa este programa que recoñeceu o traballo do noso alumnado personificado na entrevista a Soraya Mato de 3º A-ESO.


Parabéns por este recoñecemento para todo o equipo!

 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL CO IES OTERO PEDRAYO DE A CORUÑA

O xoves 24 de marzo unha representación do alumnado de secundaria participou, un ano máis, no intercambio lingüístico cultural co IES Otero Pedrayo da Coruña. Nesta ocasión o punto de encontro entre os dous centros foi Viveiro, onde foron recibidos polo profesor representante do IES Perdouro de Burela, Bernardo Penabade, que coordinou as diferentes visitas do programa da xornada de convivencia.

Podedes ver algunhas fotos na nosa GALERÍA

V EDICIÓN CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Por 5º ano consecutivo o Departamento de Matemáticas do noso centro convoca este concurso.

PREMEDE AQUÍ PARA VER AS BASES.

SAÍMOS NA RADIO!!!

O martes 3 de marzo un novo equipo de radio desprazouse á Coruña para gravar en directo, desde o estudo "José Couso" o programa "A Fume de Carozo" da emisora de RADIO CUAC FM.
Participou desta experiencia alumnado de 3º A-ESO: Carmen AnteloSoraya Mato, Ana Rodríguez, Samuel Abelenda e Elena Rey.
Toda a información pode seguirse no blog do club de lectura, Coristranca, a lectura con retranca, desde onde está accesíbel o enlace permanente para escoitar o programa.

DÍA DE ROSALÍA.

O 24 de febreiro o noso centro celebrou o Día de Rosalía en secundaria agasallando os versos da autora, froito do traballo colectivo do alumnado de 3º A, e participando no recital poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.

Feliz Día de Rosalía!

Máis fotos na nosa GALERÍA

VISITA Á CASA-MUSEO DE ASUNCIÓN ANTELO

As horas centrais da mañá deste pasado martes 10 de febreiro foron ben excepcionais fóra das aulas. A aula de aprendizaxe mudou de espazo, cedéndolle o protagonismo á Casa-Museo de Asunción Antelo, veciña da parroquia de Seavia, para compartir con ela a lectura dos seus propios poemas e as vivencias persoais de superación de tantos anos de duro traballo.

VISITA A ASUNCIÓN ANTELO

O martes 10 de febreiro, entre as 10:40 e as 12:20, o alumnado de 3º ESO desprazarase á parroquia de Seavia para lle facer unha visita-homenaxe á escritora e artista local Asunción Antelo. As profesoras dos departamentos de informática e de lingua e literatura galega, Maica Álvarez e Mercedes Queixas, acompañarán o alumnado como responsábeis da organización desta actividade extraescolar complementaria.

SAÍDA A COMPOSTELA

O mércores 28 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu no Salón Teatro de Santiago de Compostela á representación da peza "Pelos na lingua" da compañía de Cee, Talía Teatro.

Posteriormente, achegáronse ao Museo de Historia Natural, dependente da USC, para coñecer ao vivo diferentes hábitats e ecosistemas, así como observar unha importante colección de minerais e rochas.

Esta actividade extraescolar estivo organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Lingua e Literatura galega e acompañaron o alumnado as profesoras Carmen Varela e Mercedes Queixas.

 

CONCURSO SMS DE AMOR. CURSO 14-15

O Equipo de Normalización Lingüística do centro vén de convocar como todos os cursos por estas datas o Concurso de SMS de amor para conmemorar o día de San Valentín.

 

PREMEDE NA FOTO PARA VER AS BASES

SEMANA DO AL-ÁNDALUS

A nosa biblioteca quere ser este curso unha ventá aberta ao mundo. Abrimos esta ventá ao Al - Ándalus para coñecer a arte islámica, a cultura, o folklore ...

 

 

 Para ver máis fotos, premede aquí.

Seguiremos coa nosa viaxe virtual no segundo trimestre. Destino? Estade atent@s!!

Distribuir contido


by Dr. Radut