Skip to Content

Actividades e saídas. Secundaria

PREMIADOS CONCURSOS SAMAÍN 2014

O venres de 7 de novembro, antes de comezar a celebración do magosto en secundaria, celebramos a entrega dos premios do Samaín nas súas diferentes categorías: ambientación de portas das aulas, certame de cabazas, microrrelatos e chíos que meten medo.

Celebramos moito a alta participación do alumnado en todos os concursos e convidámolos a continuar coa súa colaboración activa e implicada na dinamización da vida escolar.

GAÑADOR@S MICRORRELATOS DE TERROR

GAÑADOR@S CERTAME DE CABAZAS

PORTA GAÑADORA

PREMEDE PARA VER MÁIS FOTOS NA GALERÍA

CORRELINGUA 2014

FOTOS VISITA CULTURAL A SANTIAGO

 

FOTOS FRAGAS DO EUME. 1º ESO

 

Tamén están na nosa GALERÍA

FOTOS RUTA DE SENDEIRISMO AO MONTE PINDO

 

Aquí vos deixamos unha presentación das fotografías.
 
 

 

 Tamén están na GALERÍA

RUTA DE SENDEIRISMO AO MONTE PINDO

Mañá venres 23 de maio, alumnado de 3º e 4º de ESO acompañado das profesoras de Educación física Susana Penas e Elena Alcoba, visitarán:

O Horreo de Carnota, O centro da interpretación da electricidade no encoro do Ézaro e ruta ata a pena da Moa a 627m. dende o Fieiro,(2h. subida e 2 h. baixada).

HORARIO: De 8:45 h a 17:30 h

Máis información aquí e aquí.

CORRELINGUA 2014

O alumnado de 3º e 4º de ESO participará tamén este ano no Correlingua que se celebrará durante a mañá do xoves 15 de maio na Coruña, a actividade final que poñerá o ramo a moitas outras actividades en que viñeron participando como o concurso de redacción de manifesto e de vídeo.

Acompañará o alumnado as profesoras Carmen Aneiros e Mercedes Queixas.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (A CORUÑA)

Por segundo ano consecutivo, o CPI Acalde Xosé Pichel participa nun intercambio lingüístico-cultural co IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña).

O pasado 10 de abril o noso centro foi anfitrión da primeira parte do encontro que nos levou a partillar unha xornada de convivencia na que presentamos unha pequena mostra da nosa comarca: o dolmen de Dombate, a vila mariñeira de Laxe, a pontecesá pondaliana e o refuxio de Verdes.

Participou nesta actividade alumnado de todos os niveis de ESO xunto ás profesoras Mª Xosé Rodríguez, Mercedes Queixas e a orientadora Mabel Ulloa.

 

 

INTERCAMBIO CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO DA CORUÑA. CURSO 13-14

Este xoves 10 de abril unha representación de alumnado e profesorado do centro participará, por segundo ano consecutivo, no intercambio lingüístico-cultural co IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.

O alumnado participante no club de lectura xunto ao colaborador do Equipo de dinamización da lingua galega e mais aquel gañador dalgún dos diferentes concursos convocados ao longo do curso no centro participarán na reedición desta actividade. Elas e eles serán anfitrións da recepción no noso centro e guías dunha visita pola comarca que nos levará ao Dolmen de Dombate e mais ás vilas de Ponteceso e Laxe. O xantar comunitario será, se a climatoloxía non o impide, no espazo natural de Verdes, onde prolongaremos a convivencia até as 17:30.

Despois do intercambio de comunicación postal e electrónica celebrado desde xaneiro, así como de encontro nas redes sociais nunha conta de facebook (Ramón Otero Pedrayo) e outra de twitter (@Linguamoza), creadas para a ocasión, e xestionada polo profesorado participante, chega a hora do encontro presencial.

Acompañarán as profesoras María Xosé Rodríguez, Mercedes Queixas e a orientadora Mabel Ulla.

Seguiremos informando..

Distribuir contido


by Dr. Radut