Os nosos campións de xadrez

Parabéns!

Non hai nin un ano dende que comezaron as actividades de xadrez da ANPA e os froitos xa son ben meritorios. Acabamos de recibir a boa nova de que o noso equipo de xadrez ten acadado o primeiro posto da categoría benxamín na fase clasificatoria do concurso de xadrez do programa XOGADE, organizado pola Xunta.

Para isto tivéronse que medir con outros 60 cativos doutros centros repartidos nun total de 9 equipos. Para nos adentrarmos algo máis e coñecermos este xogo, diremos que se trata dunha disciplina por equipos na que cada neno compite de xeito individual, pero na que os puntos por vitorias se computan para o equipo.

Así que moitísimas felicidades aos nosos campións Itziar, Miro, Noel e Juan e a seguir pegándolle duro. Seguiremos os vosos pasos e agardamos que este sexa soamente o comezo dunha apaixonante aventura chea de logros e ledicias.

Momentos dos nosos campións durante as clases de xadrez e mais da súa participación no campionato.