Primeiro Ciclo

O alumnado de 1ºEP conmemora o 8M

O alumnado de 1º de EP xuntouse para conmemorar o Día da Muller. Dentro do proxecto "Os océanos", investigaron sobre Jimena Quirós e sobre Ángeles Alvariño. Compartiron datos relevantes sobre as vidas destas grandes oceanógrafas.

Outra das pioneiras traballadas foi María Vázquez, mestra na Escola nº2 de Miño ata o 1936 que loitou en prol da igualdade.

 

Aquí tedes os seus traballos.

 

 

 

A BRUXA PITUSA

Aquí tedes o conto terrórífico que fixemos en 1ºB. Agardamos que vos guste!

 

A BRUXA PITUSA

 

Información para as familias de 1º E. Primaria

05/09/2022
Europe/Madrid

 

Estimadas familias:

Este curso as titoras de 1º serán:

1ºA: Laura Cuba.

1ºB: Zeltia López. Durante unhas semanas haberá un substitut@.

 

A continuación deixámosvos unhas indicacións para o primeiro día.

O día 8 de setembro, día en que comezamos o cole, a entrada será polo portal de arriba.  Serán recibidos alí e faremos a fila na entrada do vestíbulo.

Os nenos e nenas deberán traer:

  • Auga.
  • Merenda.
  • Estoxo con lapis, goma e ceras de cores.

Os seguintes días, entrarán polo portal de arriba e baixarán pola rampla para facer a fila con normalidade no patio cuberto. O alumnado que teña irmáns en infantil, pode entrar por abaixo e ir cara a fila ao patio cuberto.

En relación ás saídas indicarvos que:

A hora de saída do alumnado de 1º é ás 13:50. Os nenos e nenas que marchan coa familia sairán polo portal de arriba. Se teñen irmáns en infantil e as familias o desexan, poden ser recollidos por abaixo no patio cuberto pero, terán que informar ás mestras para que o teñamos en conta.

 

En canto ao resto de material, cando empecen as clases, as titoras entregaranlles unha lista coas cousas que precisan.

Recibide un saúdo.

Saída a Casa das Ciencias e Planetario

22/05/2022 23:34
Europe/Madrid

O pasado día 18 de maio os nenos e nenas de 2º de primaria fixemos unha saída á Casa das Ciencias e ao Planetario. Collimos o autobús, vimos unha proxección coa que aprendimos moitas cousas e despois estivemos na exposición probando moitas experiencias. Cando acabou a visita merendamos e ao rematar puidemos xogar un ratiño no parque de Santa Margarida. Pasámolo xenial!

Aquí quedan unhas fotiños.

 

 

Andaina polo Camiño de Santiago.

15/05/2022 23:08
Europe/Madrid

O pasado día 5 de maio o alumnado de 2ºA e de 4ºA que participamos no Proxecto e-Twinning Europeo, fixemos unha andaina polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila. Esta andaina foi simultánea xunto cos nosos socios portugueses das Escolas Regio de Portalegre. Cando chegamos a Ponte do Porco fixemos unha videochamada con eles, e cando regresabamos pola Senda dos Sentidos, puidemos conectar outra vez. Foi un día de moitas emocións! 

A continuación tedes unhas fotos.

 

 

 

 

 

Distribuir contido