Primeiro Ciclo

O cociñeiro Martiño

Na primeira semana de febreiro,visitounos o autor do libro " O cociñeiro Martiño". Contounos a súa historia coa axuda dun público entregado e ilusionado.Grazas,Iago López!

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebrouse no Centro o día da PAZ. En cada aula traballamos diferentes propostas. O alumnado de 2º A, en colaboración cos compañeiros de 3º realizaron un traballo colaborativo pola paz. A concordia e o compañerismo flúe e invade o corredor. Todo pola paz!

FESTIVAL DE NADAL

O pasado 21 de decembro,celebramos no Castro Baxoi o festival de Nadal. Houbo moita variedade nos espectáculos. Tanto en 1º coma en 2º de E.P. decidimos montar actuacións relacionadas co proxecto da Biblioteca do noso Centro: o século XX.

        

 O MUNDO DE FRIDA E DALÍ

obra teatral representada en 2 actos polos grandes actores de 1º A e 1º B

   

O BAILE NO SÉCULO XX

Os alumnos de 2º A bailaron e fixeron bailar ao público alí presente!!! Ademais explícaronnos a historia do baile no século XX.

     

O alumnado de 2º B deunos unha clase de aerobic. Pasámolo en grande!!!!

   

 

VISITA AO MUSEO DO ALUMNADO DE 2º E.P.

O día 12 de decembro,os grupos de 2º de E.P. visitamos o Museo María José Jove.

Aprendimos algunhas "linguaxes" dos cadros: REALISMO,ARTE ABSTRACTO e CUBISMO.

Finalizada a visita,aproveitamos para comer algo e repoñer forzas.

 

 

O día 12 de decembro,os grupos de 2º de E.P. visitamos o Museo Mª José Jove. Aprendimos alg

AS ABELLAS

             

O pasado mércores 7 de decembro, Manolo ( o avó do noso compañeiro Jaime de 1º E.P.) ofreceuse moi amablemente a compartir os seus coñecementos sobre uns animais moi importantes nas nosas vidas: AS ABELLAS.

O alumnado de 1º tivo unha clase "moi especial e diferente".

Non todos os días teñen a oportunidade de ver unha colmea, observar de cerca os paneis onde estes insectos fan o mel ou a raíña pon os seus ovos.

    

Todos e todas puideron observar os distintos utensilios que se utilizan para acercarse ás abellas e manipular o mel sen que nos piquen.

Ademáis aprendimos que das abellas podemos aproveitar moitas cousas: ata o veleno!

Gracias,Manolo, por adicarnos o teu tempo e polo mel que nos regalaches.

Esperamos volver a verte na primavera,cando nos traias un enxame.

     

CONTOS PARA LER SEN LETRAS. VISITAMOS UN MUSEO

 
          

O luns, 28 de novembro, o alumnado de 1º de E.P. visitou o museo Mª José Jove.

O primeiro que nos ensinaron foi que os cadros hai que aprender a lelos. Cada un conta unha historia. Algúns son fáciles de ler ( os realistas) ,outros son un pouco máis complicados ( os abstractos). Son coma contos para ler sen letras.

Nesta visita tratamos os seguintes contidos:

-Retrato e autorretrato.

-Como lemos un cadro?

-Realismo e surrealismo.

-Arte abstracto.

               

Vimos algunhas obras de Dalí,un dos pintores do século XX que estamos a traballar no cole.

Tamén nos deixaron " acariciar" unha escultura de granito.Finalizamos a visita cun obradoiro.

Foi unha experiencia moi enriquecedora!!!

25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro,todo o Centro conmemora o día no que rexeitamos a violencia de xénero.

O alumnado de 1º e 2º de E.P. levou a cabo, ao longo desta semana, diversas actividades con motivo deste día. Unha delas consistiu na elaboración conxunta dun lazo calcetado.Sabedes como o fixemos? Alumnado de 6º de E.P. acudiu ás nosas aulas para ensinarnos a calcetar!!!

     

Magosto e Samaín

O pasado venres,28 de outubro, todo o Centro celebrou o Magosto e Samaín. O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria participou nos xogos que estaban organizados no patio.

                     

                     

Despois de tanta actividade entrounos a fame! Comimos as castañas asadas que os nosos profes nos repartiron.

Ao longo da semana, levamos a cabo toda unha serie de actividades para celebrar estas festas: decorado das aulas, dos corredores, exposición de cabazas...

 

Visita aos bombeiros

O martes 10 de maio, o alumnado de 1º de E.P. realizou unha saída ao Parque de Bombeiros de Betanzos ( no Polígono de Piadela).Durante esta visita, os bombeiros ensináronlles o material que empregan a cotío, así como as instalacións.

Ao rematar, todo o alumnado recibiu o seu carné de bombeiro!

Distribuir contido