Primeiro Ciclo

Eleximos a nosa Mariña Camiña

21/04/2022 18:49
Europe/Madrid

Os alumnos de 2º A eleximos entre as que crearon os compañeiros e compañeiras de 4ºA, e viceversa. As puxemos en mural e votamos. Catro foron as candidatas finais e tan só unha a gañadora. O resultado foi moi axustado, temos moito talento a verdade. 

 

FINALISTAS:

PARTICIPAMOS NUN PROXECTO EUROPEO DE e-TWINNING!

21/04/2022
Europe/Madrid

 

O alumnado de primaria de 2ºA e de 4ºA, e as mestras Mar, Belén, Eva e Zeltia, estamos a participar nun programa europeo: O e-Twinning. 

Xunto cos nosxs socixs Europeos das Escolas de Portoalegre, estamos a desenvolver un proxecto chamado "Mariña Camiña", co que traballaremos sobre o noso patrimonio máis cercano. Difundiremos  costumes, gastronomía, a nosa paisaxe etc. e tamén aprenderemos cousiñas do patrimonio dos nosxs amigxs portugueses. Estade ben atentos e atentas!

Información para as familias de 1º de Primaria

Aviso urxente:

Pola falta de dispoñibilidade da aplicación Abalar Móbil, as titoras de 1º de Primaria non poden a día de hoxe comunicarse coas familias para realizar a entrada escalonada que estaba prevista.

Por todo isto, para evitar aglomeracións e entrar con maior tranquilidade, os nenos e nenas de 1º de Primaria entrarán este xoves día 10 ás 9:15. Isto tan só é para o primeiro dia de escola, a partir do venres entrarán como o resto.

Isto non afecta ao alumnado que vén en autobús nin no servizo de Mañanceiros, que non modifican horarios.

Rogamos disculpen as molestias.

 

Traballo para 2º de Educación Primaria

Para seguir o curso o alumnado debe seguir os seguintes pasos:

ASIGNATURA ENLACE
Asignaturas das titoras Aula virtual
Inglés

Blog https://teacherevabaxoi.blogspot.com/

Música Aula virtual (acceso como "Convidado", contrasinal "1234")
Relixión

Dende o 20 de abril, aula virtual

Semana 13 ao 17 de abril

Semana 30 de marzo a 3 de abril

Semana do 23 ao 27 de marzo. Arquivo 1  Arquivo 2.

Educación Física

Entrar á aula virtual de Educación Física.



Concerto de 3º e 4º de EP

Que mellor xeito de contar como foi o concerto co dúa Camaño Ameixeiras para 3º e 4º de EP! Elxs mesmxs nos achegan as reportaxes sobre o concerto que realizaron para a asignatura de lingua Castelá.

 

 

Pulpiño Viascón e os seus instrumentos Máxicos

Hoxe @s cativ@s de 1º e 2º curso de primaria desfrutamos enormemente da compaña do fabuloso Pulpiño Viascón e dos seus Instrumentos máxicos. Estamos moi agradecid@s porque hoxe descubrimos un montón de instrumentos sorprendentes e pouco habituais sen deixar de divertirnos en ningún momento: vimos como se pode facer música cun serrucho, reciclaxe sonora cunha videconsola antiga, etc.

Concerto didáctico para 1º e 2º de EP

Este Xoves 1 de Marzo rematamos o noso programa de concertos na escola cunha proposta que de seguro lles ha encantar aos cativos e cativas de 1º e 2º de primaria. Baixo o título de "Músicas para Peto", o sempre creativo e imaxinativo Ariel Ninas amosarálles aos nenos unha forma de vida posible en torno a música. Existe un mundo inmensamente rico de instrumentos e pequenos artellos sonoros que, coa única premisa de lograr coller no pequeno espacio que ocupa un peto, xa poden viaxar canda nós a calquera sitio. Con eles podemos facer música e divertirnos en calquera lugar e momento, sen necesidade de ser músicos profesionais nin estar en grandes escenarios. Existe mellor maneira de endulzar a vida?

Musicas para peto from Ariel Ninas on Vimeo.

A Casa das Ciencias

O pasado 18 de xaneiro,o alumnado de 2º de E.P.visitou a Casa das Ciencias en A Coruña.Comezaron cunha sesión no planetario onde aprenderon a importancia de contemplar o mundo dende outro "punto de vista".Todos deberiamos levantar a cabeza para descubrir o noso marabilloso ceo estrelado.

     

Logo observamos e experimentamos cos elementos que estaban á nosa disposición.

Pasámolo moi ben!

FESTIVAL DE NADAL:COÑECENDO MÉXICO

 

Este ano,o alumnado de 2º E.P, participou no Festival de Nadal coa obra teatral "Coñecendo México"

A través desta representación, explicaron todo aquelo que aprenderon no 1º trimestre sobre este marabilloso país:historia,gastronomía,festas,costumes...

 

Este foi o noso xeito de colaborar co proxecto de Biblioteca do noso Centro,que este ano viaxa ao continente americano.

Agradecemos ás familias a súa colaboración co vestiario;estaban todos/as moi guapos/as!!!!!

Distribuir contido