Primeiro Ciclo

Visitamos a granxa "O Cancelo"

      

 O pasado venres 5 de xuño, o alumnado de 1º E.P. piudo comprobar o ben que vivían as vacas nesta granxa. Ademáis aprendimos a elaborar deliciosos batidos de froita.

Rematamos a nosa excursión xogando ao paracaídas.

 

Sesión de contacontos

O pasado venres,29 de maio, a Editorial Sotelo Blanco agasallounos cunha bonita sesión de contacontos.

O alumnado de 1º e 2º de E.P. disfrutou da presenza de Anxo Moure, que nos fixo participar a todos/as.Ademáis, coas súas historias, levounos a reflexionar sobre a importancia de conservar e coidar o noso medio ambiente.

 

 

Dálle á manivela!

           

O pasado 8 de maio, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. acudiu a unha charla - obradoiro sobre música mecánica e fonográfica. O encargado de desvelarnos estes misterios foi o músico Germán Díaz.

Un dos obxectivos deste obradoiro era introducir aos rapaces/as no universo da música mecánica a través de instrumentos curiosos. Así comprobaron que, xirando unha manivela, podían saír fermosas melodías de instrumentos que descoñecían: pequenas caixas de música con cilindros de púas, órgano de barbaria, rolmónicas, zanfona...

Aprenderon como se rexistraron as primeiras cancións e o xeito de reproducilas: non sempre existiron os CDs.

Ademáis, descubriron que unha serra tamén se podía converter nun instrumento. Quedaron ben abraiados!!!

       

Aprender a pensar

A "caixa máxica" chegou ás aulas de 1º de E.P. para axudarnos a pensar mellor. Cada vez que entra na aula, pódeo facer cunha proposta diferente: a través dunha narración, a través dun cadro, a través dun xogo... É unha forma de estimular as habilidades de pensamento.

Ao comenzo do presente curso, explicamos ás familias a importancia de facer Filosofía cos nosos alumnos e alumnas.

Se vedes a entrevista con Angélica Sátiro, ao mellor comprenderedes a importancia de traballar deste xeito.

 

 

 

Os animais

Grazas ao conserxe do noso Centro tivemos a oportunidade de coñecer,de primeira man,algúns animais:ovíparos e vivíparos.

                

Descubrimos que as galiñas necesitan incubar os seus ovos 21 días para que nazcan os poliños.

Tivemos a sorte de ver un año que acababa de nacer.Os años nacen directamente da barriga da súa nai,por iso son vivíparos.

Coñecimos unha égua e ao seu fillo,que xa é tan grande coma a nai!

En fin,foi toda unha aventura na que aprendimos unha chea de cousas sobre os animais domésticos.

Grazas,Juan,pola túa paciencia e amabilidade!!!

 

Comida saudable co 1º ciclo de EP

Aí vos deixamos unha mostra do que foi o obradoiro sobre comida saudable organizado para os alumnos e alumnas de 1º ciclo de primaria e no que aprenderon cousas moi interesantes sobre como elaborar menús saudables.

   

ENTROIDO

No CPI Castro Baxoi celebramos o Entroido o pasado 13 de febreiro. Coma sempre, colaboramos co proxecto de Biblioteca do noso Centro, este ano dedicado ao século XVIII.

  

O alumnado e as mestras de 1º E.P. transformáronse en MOZART. Temos que agradecer ás familias a súa participación e a súa implicación á hora de elaborar os disfraces.

Foi moi divertido!!!!!!

Alimentación saúdable

Na semana do ENTROIDO, non só houbo festa e parranda: Levamos a cabo un obradoiro de alimentación saudable.

 

Unhas expertas en nutrición viñeron ensinarnos a importancia que ten alimentarse adecuadamente.

Nunha primeira sesión, os nenos e as nenas de 1º E.P. aprendemos a clasificar os alimentos en cinco grande grupos. Un dos nosos compañeiros disfrazouse de monstro e intentaba "tentarnos" con alimentos pouco saudables.

 

Na segunda sesión, fomos capaces de detectar erros nalgúns pratos que nos presentaban as nutricionistas.

Ademais, contáronnos un conto no que un neno decidía probar os alimentos en vez de dicir "non me gusta".

 

Sesión de contacontos

O pasado xoves,5 de febreiro,a Editorial Santillana agasallou aos nenos e nenas de 1º Ciclo de E.P. cunha sesión de contacontos.

        

 

Duranre este trimestre estivemos lendo unhas obras de lectura obrigatoria,contempladas no proxecto lecto-escritor do noso Centro:

-En 1º E.P. "Sapo y Sepo,un año entero"

-En 2º E.P. "El secuestro de la bibliotecaria"

Esta sesión de contacontos baseouse nas dúas historias.Pasámolo xenial escenificando diversos capítulos!!!

No mes de xaneiro,fixemos marmelada en primeiro!

 

Seguindo co noso obradoiro de cociña,este mes aprendimos a facer marmelada de mazá.O que nos resultou máis difícil,foi aprender a pelar as mazás.De feito,case todos os cociñeiros e cociñeiras levamos algún pequeno corte.Estes pequenos incidentes non impediron que o resultadao fora estupendo!!
Ademáis traballamos moitas áreas de coñecemento:matemáticas (medindo os ingredientes),lingua (coñecimos un texto diferente:a receita),ciencias naturais (procedencia dos alimentos,alimentos frescos e elaborados)...pero o mellor de todo é que nos imos facendo cada vez máis autónomos.

 

 

Colaboraron con nós moitos profes,porque somos moitos e necesitabamos axuda.Se queredes ver todo o proceso e como foi o resultado final,non deixedes de visitar a galería para ver mais fotos.Estaba deliciosa!!!!

 

Distribuir contido