Primeiro Ciclo

As nosas lecturas

Este mes,a editorial Santillana agasallounos cunhas sesións de contacontos.O alumnado de 1º e 2º de E.P. disfrutou recordando as obras lidas:

"Sapo y Sepo,un año entero" e "El secuestro de la bibliotecaria" son os libros en castelán que se elexiron para traballar co noso Proxecto Lecto-escritor.

Nestas sesións de contacontos,o alumnado interpretou varias secuencias destas divertidas historias.

SAPO Y SEPO,UN AÑO ENTERO

            

 

EL SECUESTRO DE LA BIBLIOTECARIA

 

      

Como disfrutamos coa arte!

 

O pasado 27 de febreiro,o alumnado de 2º de E.P. acudiu,unha vez máis, á Fundación Nova Caixa Galicia de Ferrol.Esta vez fomos visitar a exposición "Da fantasía á realidade".Pintura en Galicia de 1833 a 1936.

 

Tras a visita,levamos a cabo un pequeno obradoiro relacionado co que aprendimos sobre as cores.

A granxa

 

O pasado venres 21 de febreiro os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria visitamos unha granxa nos Castros,en Carantoña.

Nela puidemos ver como viven as vacas e,sobre todo,puidemos acariñalas e facerlles compañía.

Ademais,os donos da granxa,foron moi amables e leváronnos a visitar os cuxiños pequerrechos.Eran preciosos e moi mansiños.

Por se fose pouco,a mañá rematou cunhas riquísimas galletas.Máis non se pode pedir!

 

 

Facendo queixo

O alumnado do 1º Ciclo de E.P. elaborou un queixo fresco coa axuda de Carmen, a nai do noso compañeiro Héctor.

Tomade boa nota de como o podedes facer nas vosas casas!

Ingredientes:

-5 litros de leite

-2 culleriñas de calleiro (fermento natural que podedes encontrar na farmacia)

-Unhas areas de sal

Preparación:

-Collemos o leite, a ser posible que sexa de vaca acabada de muxir.

-Botámoslle as areas de sal e o fermento natural.

-Nun par de horas, se xa está o leite callado, revolvemos ata que quede esmiuzado. Logo, imos sacando o soro.

-Botamos nun escorrdoiro e, ao cabo dunha hora, dámoslle a volta. Aínda vai seguir saíndo soro.

-Deixamos na neveira e... ao día seguinte xa o podemos zampar!

        

Os cociñeiros de Castro Baxoi

No mes de xaneiro o alumnado de 2º de E.P. elaborou unha mus de limón.Unha receita moi sinxela de tan só tres ingredientes:iogur,leite condensada e limón.

Nesta ocasión acudiron ao obradoiro distintos mestres do 1º Ciclo que nos botaron unha man.Fixemos a cantidade suficiente para invitar aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de E.P.

   

Os inventores do Renacemento e o Barroco

Un ano máis, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. quere colaborar co proxecto de Biblioteca do noso Centro. Este curso estamos a traballar o Renacemento e o Barroco.

 

                           

No Festival de Nadal interpretamos sendas obras teatrais sobre os inventores e descubrimentos desta época da nosa Historia.Esta será tamén a nosa temática de cara ao Entroido.

 

                            

EXCURSIÓN A FERROL

O pasado 29 de novembro, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. acudíu á Fundación Nova Caixa Galicia para asistir a unha representación: "A nena e o grilo nun barquiño".

        

 

Aproveitando a viaxe,os nenos e nenas de 1º de E.P visitaron o mercando de A Magdalena,facendo un percorrido por todos os postos de froita,verdura,carne...

Mentras tanto,os compañeiros e compañeiras de 2º de E.P. visitaron o mercado do peixe.

 

  

Tanto nun lugar coma noutro, as persoas dos distintos postos explicaron ao alumnado as características dos distintos productos que alí se venden.

A nosa marmelada de mazá

Na primeira semana do mes de novembro, o alumnado de 2º de E. P. elaborou unha saborosa marmelada de mazá.

 

         

 

Como podedes comprobar... cociñar é moi divertido!

Ademais, aprendemos unha chea de cousas: autonomía, colaboración, coñecemento do medio...

Ao día seguinte puidemos saborear a nosa marmelada con pan e manteiga. O certo é que non lle gustou a todo o mundo por igual, pero todos e todas comeron a súa porción.

 

   

Expertos vendimadores!

Un ano mais o alumnado de 2ºA e 2ºB de E.P. foi facer a vendima:xa están feitos uns expertos na materia!

Un dos mellores métodos para aprender é a experiencia.Recoller as uvas,prensalas e ver como sae o mosto axúdanos a entender o proceso da elaboración do viño.

Non deixedes de ver as fotos na galería!

 

     

Saídas polo entorno

Aproveitando un dos poucos días de sol que nos trouxo a primaveira,o alumnado de 1º Ciclo de E.P. realizou unha bonita saída polo entorno.

O Concello de Miño brindounos a oportunidade de visitar a ETAP e o muíño de vento de Bemantes.

Primeiro explícaronnos o proceso polo cal a auga( do río Lambre) chega ás nosas casas sendo potable.

Logo, acudimos ao muíño de vento de Bemantes para aprender como moían os cereais os nosos antergos.

 

   

 

Distribuir contido