Primeiro Ciclo

Granxa O Cancelo

O alumnado de 1º Ciclo de E.P. visitou a granxa O Cancelo o pasado mes de abril.

Aprendimos unha chea de cousas sobre a vida das vacas nesta granxa:que ben as coidan!

Ese é un dos motivos polo que producen un leite de gran calidade.Ademáis do leite,tamén nos deron uns xeados...mmmmmm

 

             

Excursión a Ferrol

O luns,día 27 de maio,o Primeiro Ciclo de E.P. realizamos unha saída a Ferrol.

Visitamos o mercado da Magdalena e tamén o Museo da Sociedade Galega de Historia Natural.

As persoas que tiñan os postos no mercado foron moi amables amosándonos os seus productos:incluso nos deron unha pequena degustación!!!!

No museo vimos animais e os seus esqueletos.Explicáronos aspectos deles moi interesantes.

 

    

Os amendoados

O alumnado de 1º elaborou amendoados nesta última sesión do obradoiro de cociña.

É unha receita moi sinxela que podedes levar a cabo na casa cos vosos fillos e fillas.

Animádevos a metervos na cociña con eles!!

   

MUSICA PARA PETOS

O pasado 29 de abril, o alumnado do 1º Ciclo de E.P. participou nun obradoiro musical con instrumentos miudos a cargo do intérprete Mauro Sanín.

A sesión consisitiu en demostrar que con instrumentos ben pequeniños, que caben nun bolso, nun peto e que se poden levar a calquera lugar, todos podemos ser músicos e aproveitar momentos libres para combatir o aburrimento.

Os instrumentos que nos ensinou foron moi variados:

-Instrumentos que nun principio non son instrumentos:cunchas,gadoupas,culleres...

-Instrumentos idiófonos: tarrañolas,castañolas,axóuxeres,campaíñas...

-Instrumentos axitadores:caxixis,maracas,ovos...

-Instrumentos infantís:mirlitón,xocalleiros infantís...

Instrumentos de vento:frautas,ocarinas,chifros...

-Instrumentos de bico:arpas de boca( birimbao e harmónicas )

-Instrumentos de lingüeta:Kalimba.

-Instrumentos de reclamo:imitadores de animais,efectos sonoros,cantos de paxaro...

-Instrumentos mecánicos:caixas musicais,xoguetes de corda...

-Instrumentos electrónicos:kaossilator,kaoss pad,teléfono móbil...

 

Pasámolo todos fenomenal!

 

  

 

SAPO Y SEPO,UN AÑO ENTERO

O pasado 20 de marzo,a Editorial Santillana agasallounos cunha sesión de contacontos.

A sesión,en 1º de E.P, estivo relacionada co libro que limos ao longo do 2º trimestre na aula:"Sapo y Sepo,un año entero".

Pasámolo moi ben interpretando os distintos capítulos do conto!!!

 

Seguimos cociñando!

Este mes de marzo,o alumnado de 1º E.P aprendeu a facer biscoito de iogur e tarta de queixo.Contamos coa axuda da mestra de Inglés,Cristina,que é unha excelente reposteira!

 

Visita á Casa das Ciencias

O día 20 de febreiro o alumnado de 2º nivel de Ed. Primaria visitou a Casa das Ciencias de A Coruña acompañado das súas titoras.

Alí realizaron diferentes experimentos físicos, viron unha exposición sobre Darwin e a evolución das especies e, por último, disfrutaron dunha sesión de planetario coa proxección de "La niña que sabía caminar al revés".

Foi unha mañá científica moi divertida!

 

 

VISITAMOS A CASA DOS PEIXES

O alumnado de 1º de E.P visitou, o pasado 20 de febreiro, o Acuario Finisterrae.

Alí, unha monitora moi amable, ensinounos aspectos moi diversos sobre a vida no mar.

Un dos aspectos que mais nos chamou a atención foi o feito de que se elaborasen menciñas co veleno de certos peixes.

Descubrimos peixes da nosa zona e tamén doutros mares.

Tivemos a sorte de ver unhas lampreas,xa que non se poden ver todo o ano.

 

En febreiro,celebramos o entroido

No mes de febreiro,todo o centro estivo de de festa!

Celebramos o entroido cunha gran feira medieval.Os/as alumnos/as de 1º de E.P disfrazáronse de xograres.Desfilaron facendo malabares e tocando instrumentos típicos da Idade Media.Participaron en obradoiros e aproveitaron para pasear pola feira e gastar os "maravedíes"

Foi un día moi especial onde todos disfrutamos!

 

En xaneiro,fixeron iogures os de primeiro

Na escola,non utilizamos sempre libros,lapis ou papel para aprender cousas novas.Para explicar o que é un derivado lácteo ,e como se fai,o mellor é elaboralo.Por ese motivo,os "profes" de 1º de E.P. fixemos iogures na aula.O resultado foi moi positivo e saboroso!

Distribuir contido