Primeiro Ciclo

DÍA DO LIBRO

     

 

Para o alumnado de 2º de E.P. todos os días son " día do libro". A diario lemos por placer durante vinte minutos nas nosas aulas. Sen embargo, esta semana quixemos facer algo especial. Por iso saímos para ler no recuncho de lectura que temos no Centro. Foi un intre diferente e máxico.

Uxía, a nosa compañeira

  Uxía era a nosa compañeira de clase de 2º B. Un día foise cos seus pais a vivir a Irlanda. A nosa amiga escríbenos por correo electrónico e así non perdemos o contacto.

Acordámonos tanto dela que lle escribimos unha poesía entre todos. Esperamos que lle guste.

Uxía era una niña

Que era bastante guapita.

Le gustaba viajar

Y en nuestro colegio estudiar.

 

Era también muy  lista

Y siempre con una sonrisa.

A Uxía le gustaba pillar

Y también jugar a excavar.

 

Un día se fue a Irlanda

Y muy triste nos quedamos.

Anda siempre con bufanda

Y con guantes en las manos.

 

Ella sigue en nuestro corazón

Y la recordamos con mucho amor.

Oh,nuestra Uxía del alma!

No podemos estar en calma.

 

Pronto te queremos ver

En las siguientes fotos

Que nos quieras mandar

En tu próximo e-mail.

 

Con amor,de tus compañeros/as de 2º B

 

 

 

Musica para petos

Tal e coma estaba programado, o alumnado de 1º e 2º de E.P., asistiu a este obradoiro de música tan interesante.

Na era das novas tecnoloxías, das maquiniñas, tablets...os nenos e nenas atopan neste tipo de actividades, ideas interesantes para matar o aburrimento. Calquera obxecto cotián pode converterse nun instrumento en potencia...so necesitamos utilizar un pouco a nosa IMAXINACIÓN.

Os inventos do s. XIX

 

O alumnado de 2º de E.P. realizou ao longo do 1º trimestre un pequeno proxecto sobre os inventos e os inventores do s. XIX. Un dos inventos que mais nos chamou a atención foi o da COCA COLA. Parece incrible que se vendese nas farmacias a 5 céntimos o vaso!

A figura de Edisson tamén nos impresionou moito: imaxinades como sería a nosa vida sen bombillas? Pero ademáis patentou máis de 1000 inventos!

No Nadal levamos a cabo unha pequena representación teatral partindo desta temática e colaborando, deste xeito, co proxecto de Biblioteca do noso Centro. Disfrutamos moito con esta experiencia!

Charles Darwin en 1º de E.P.

    

Neste 1º trimestre, os nenos e nenas de 1º de E.P. realizamos un pequeno proxecto sobre Charles Darwin.Aprendimos cousas moi curiosas sobre a súa vida, as súas viaxes e todo o que investigou sobre os animais e plantas!

No nadal, fixemos unha pequena representación sabre a súa teoría da evolución das especies...e decatámonos de algo moi importante: todos temos un antepasado común!

Logo amenizamos o festival con divertidas adiviñas sobre diferentes animais.Pasámolo todos moi ben!

            

Museo de Belas Artes

    

O mes de novembro,os alumnos/as de 1º e 2º de E.P visitaron o Museo de Belas Artes de A Coruña.

A través da observación de diferentes cadros, foron descubrindo as historias que estaban "escondidas" nestas obras pictóricas.Rematamos esta visita cun obradoiro no que, partindo dun cadro de Carlos Maside, plasmaron a súa particular visión da obra con diferentes técnicas de coloreado.

O alumnado de 2º E.P. aproveitou a ocasión para tomar un pequeno "refrixerio" ao carón da Torre de Hércules.Foi unha mañán cultural moi proveitosa.

O MAGOSTO

O pasado 28 de outubro, o noso Centro celebrou as festas do Samaín,Halloween e Magosto.

  

Disfrutamos moito dos xogos que nos tiñan preparados!

  

Ademáis de xogar e cantar, comimos as castañas!

CHEGAR E ENCHER!

Acabamos de iniciar o novo curso e o alumnado de 2º E.P. xa se puxo a cociñar.

           

Aproveitamos os recursos do noso Centro para facer unhas deliciosas tartas de mazán.

En primeiro lugar recollimos a froita dunha maceira que temos no cole.Ten mazáns ecolóxicas:poidémolo comprobar xa que tiñan verme.Logo elaboramos as tartas coa axuda de moitas profes que foron aparecendo pola sala de usos múltiples.O resultado foi fabuloso!

      

O noso alumnado xa está concienciado: antes de comer, hai que limpar!

Traballando por proxectos en equipos cooperativos

Neste último trimestre, en ambas aulas de 1º E.P. traballamos en distintos proxectos, todos eles relacionados co noso PLANETA e o ESPACIO.

Na entrada principal do Centro temos montada unha exposición cos resultados das investigacións levadas a cabo polo alumnado.

Os protagonistas destes proxectos foron os propios alumnos e alumnas, xa que as titoras só participaron como mediadoras e orientadoras dos equipos.Foron éstes os que buscaron a información, traballaron co material, elaboraron murais, maquetas...e por último espuxeron os seus descubrimentos ao resto dos equipos.

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración co material que aportaron: foi moi variado!!!

 

 

Distribuir contido