Concerto para alumnos de 5º e 6º de EP

Comezamos a nosa programación de concertos educativos deste curso cunha grande nova. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP poderán desfrutar do concerto a cargo do coñecido, aclamado e incluso televisivo músico especializado en instrumentos de vento Xavi Lozano. Coa súa propósta didáctica titulada "Tubos do Mundo", Xavi propón aos cativos unha apaixoante e sorprendente aventura sobre como reutilizar materiais de refugallo aproveitando as súas posibilidades sonoras para facer música.

O concerto terá lugar o vindeiro venres 10 de Novembro no auditorio da biblioteca municipal. Será unha experiencia vibrante, chea de creatividade e estímulos para os nosos sentidos.

Páxina oficial de Xavi Lozano e Tubos do Mundo:

http://xavibufa.com/tubs_del_mon.html