Información ás familias inicio terceiro trimestre

Prezadas familias:

Agardamos e desexamos que vos atopedes ben de saúde e con ganas de comezar este terceiro e último trimestre deste particular curso 2019/20.

No día de hoxe publicáronse unhas novas instrucións no portal da Consellería referentes ao inicio deste terceiro trimestre nas que nos avanzan que o vindeiro mércores haberá unha xuntanza entre os membros do Ministerio e representantes das diferentes Consellerías das comunidades autónomas e que, ata ese momento, continuemos nas mesmas condicións nas que traballamos ata agora. Despois da xuntanza, a Consellería de Educación facilitará unhas novas instrucións e voltaremos a enviar información.

Pola outra banda, temos recibidos os correos de solicitudes de computadores e conexións á rede. Mañá remataremos de preparar os computadores que repartirá Protección Civil e o Concello de Miño xestionará as conexións a internet. Agardamos chegar ao todo o alumnado entre os nosos recursos, os da Consellería e os do Concello de Miño. Poñerémonos en contacto persoalmente coas familias que enviaron as diferentes solicitudes.

Saúde e saúdos.

O equipo directivo