Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar

Saiu a resolución das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, polo que podedes pasar polo centro a recoller os cheques que foron concedidos a partir de hoxe para Educación Primaria e a partir do martes para Secundaria.

O horario de atención ao público:

Día de hoxe, 8 de xullo, de 9 a 14 horas.

Do 11 ao 20 de xullo: de 10 a 12 horas.