MAGOSTO E SAMAÍN

Este venres día 28, Infantil, Primaria e Secundaria celebraremos o MAGOSTO e o SAMAÍN.

Teremos unha actuación musical do grupo tradicional "Tanto nos ten", grazas a ANPA.

Teremos a un Castañeiro así que despois da actuación musical, poderemos degustar unhas ricas castañas. Dende a ANPA  proporcionarannos as bebidas e virán voluntarios para axudar a repartilas. 

Por último, temos preparados uns xogos populares para o alumnado de Infantil e Primaria. Para o alumnado de ESO tamén haberá xogos e películas terroríficas.

Moitisimas grazas a todos e a todas por facer posible que vaiamos desfrutar dunha xornada tan xenial.