A Festa da Palabra

                                                

A Festa da Palabra vén sendo unha mostra escénica da palabra que artellamos cada curso no CPI Castro Baxoi.

A idea xorde co obxectivo de dar cumprimento ó entusiasmo mostrado polos alumnos por empregaren a lingua propia do país no recitado e na narración.

E esa forza primeira, lonxe de relaxarse ou simplemente manterse, vai collendo curso a curso novos pulos, de xeito que os profesores que colaboramos na montaxe deste acto cultural estamos realmente abraiados de vermos como somos nós os motivados polo alumnado.

Desde aquela primeira edición celebrada no curso 2003-2004, e que abranguera soamente recitado e contacontos, fomos engadindo diferentes elementos e soportes escénicos: contos escénicos, escenas teatrais, voz cantada, danza..., até conseguirmos un acto sinxelo, humilde, pero cargado de emotividade.

TODO, GRAZAS Á CONTRIBUCIÓN ENTUSIASTA DE ALUMNOS E FAMILIAS.

 

   Enlaces ós vídeos

Ano académico 2009-10

Ano académico 2010-11

Ano académico 2011-12

Ano académico 2012-13

Ano académico 2013-14