Terceiro Ciclo

Concerto para alumnos de 5º e 6º de primaria

O músico Germán Díaz dará un concerto aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do Castro Baxoi. O concerto terá lugar este Xoves 30 de Marzo no audiotorio da biblioteca municipal. Germán Díaz interpretará temas do seu proxecto "Método Cardiofónico" no que emprega como base sons do corazón grabados nuns discos de vinilo por un médico cardiólogo nos anos 30. O proxecto tamén xira en torno ao diverso mundo dos instrumentos de manivela.

 

 

Concerto de NARF para o 3º ciclo de primaria

O artista Fran Pérez NARF, unha das voces máis respectadas do rock en galego, dará un concerto no noso centro para o alumnado de 3º ciclo de primaria o vindeiro luns 2 de Marzo.

NARF é un dos artistas galegos máis internacionais. A súa aposta pola canción en galego e os esforzos por situala na corrente da Lusofonía lévano a percorrer máis dunha ducia de países para tocar con artistas de todo o mundo. Cómpre sinalar a súa especial relación con Africa, presente en toda a súa música, pero moi especialmente en proxectos coma Bumba e Aló Irmao, un disco co que acadou o número un de vendas no continente Africano.

Outra dimensión do universo de NARF vén dada pola súa relación coa obra de Rosalía de Castro, da que ten musicado numerosos poemas de xeito novidoso a través do rock.

Nun concerto moi persoal e íntimo para este público tan especial, NARF proponnos unha viaxe musical partindo da lingua e a cultura galegas que nos abre o camiño para coñecermos as culturas máis exóticas de Africa ou do Brasil.

 

 

Obradoiro Bal Trad para alumnos de 3º ciclo de primaria

 

O vindeiro luns 10 de novembro os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán desfrutar dun obradoiro de danzas europeas.

Este é un proxecto novidoso que xunta mestres e músicos de referencia no ensino de bailes europeos e do Bal trad en Galicia. Con el achégase ás escolas un mundo, o do baile social, moi popular na actualidade en moitos países do centro de Europa.

Os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán aprender e desfrutar de diversos e sinxelas danzas en grupos ou parellas na compaña ademais de músicos ao vivo que amenizarán a sesión facendo dela unha vivencia verdadeira e intensa e nos transportará ás antigas salas de baile que aínda recardaredes os "non tan pequenos".

Circulsos circasianos, scottisches, andros e moitos outros bailes que coñeceremos e practicaremos farán desta xornada un momento inesquecible.

Monitora de baile: Beatriz Díaz.

Músicos: Gema Pérez (violín), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Pedro Pascual (bouzouki).

 

 

 

Concerto de Germán Díaz para os alumnos de 3º ciclo de primaria

Este venres, día 7, os/as alumnos/as de terceiro ciclo de primaria voltamos do entroido con moi boas vibracións.

Poderemos gozar dun concerto moi interesante de Germán Díaz, un dos máis prestixiosos zanfonistas que existen na actualidade. Germán é un xove músico revolucionario que dota todas as súas creacións dunha incrible orixinalidade, sensibilidade e universalidade. Tamén se trata dun artista multidisciplinar, que crea o seu propio universo seguindo camiños intransitados e que moitas veces van moito mais alá do musical. O seu estilo musical é inclasificable e totalmente ecléctico: dende a música de raíz, pasando polo jazz, a música experimental etc.  Todos estes elementos fan da experiencia de escoitar e ver a Germán no escenario un momento irrepetible, como irrepetible é o artista.

Nesta ocasión poderemos escoitar unha das súas últimas creacións: O método cardiofónico.  A continuación deixámosvos un video para abrirdes o apetito e saberdes un pouquiño máis do que imos escoitar.

 

Portada

   O que debes saber.

Criterios de Promoción.

Mínimos das materias instrumentais.

Matemáticas.

Linguas Galega e Castelá 

  O que che pode interesar.        

Saídas Culturais.

  O que che vai gustar.

O noso blog.

  O que queres ver.

Galería de fotos

 

Distribuir contido