EDNL

SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

18/02/2022 00:36
Europe/Madrid

O CASTRO BAXOI RECITA A ROSALÍA.

Como sabedes, o día 23 de febreiro é o día adicado a poeta e escritora galega Rosalía de Castro. Durante  a vindeira semana, os alumnos e alumnas sairán polo pobo para recitar obras da autora.

Esperámosvos!

A continuación deixámosvos os horarios e lugares de recitado das diferentes clases.

 

Volven os "Contos ao carón da lareira"

20/01/2022 14:01
Europe/Madrid

Queridas familias:

 

No Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) imos retomar

“Os contos a carón da lareira”. Iniciativa que o curso pasado

tivo moito éxito. Este curso pedímosvos que nos recomendedes

un libro en galego. Para iso tedes que gravar un vídeo de menos

dun minuto no que a vosa filla/o diga o nome, curso e título do

libro. Debe facer un pequeno resumo pero sin desvelar o final.

 

Dito vídeo podedes subilo no seguinte enlace:

https://padlet.com/minhomatters/kwfjud9j9kzk9yek

 

  1. Premer no +.
  2. Darlle a cargar.
  3. Engadir o arquivo.

 

Se tedes problemas podedes mandalo o seguinte enderezo: poeminospolasletras@gmail.com

 

 

Moitas grazas pola colaboración.

 

O DÍA DO PEÓN!

14/10/2021
Europe/Madrid

Dende A Equipa de Normalización Lingüística, queremos poñer en valor os nosos xogos tradicionais. Vai chegar o "Día do Peón" e queremos compartir convosco, diversos recursos para poder xogar e celebralo.

 Nos arquivos adxuntos podedes ver:

- O manifesto para o día do peón.

- Un pouco da evolución histórica do peón.

- Un peón para colorear.

 

Ademáis, nas seguintes ligazóns tedes:

- Xogos en liña sobre vocabulario do peón.

http://pontenasondas.org/dia-do-peon-8-c7/

- Pasapalabra sobre o peón.

https://scratch.mit.edu/projects/125843711/

- Páxina web con cancións e máis recursos sobre "O Día do Peón".

http://brinquedia.net/web/?page_id=8

 

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!

Outro vídeo

 Outra bonita adopciòn de 4 ESO, esta vez de María e Hugo:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Un ano máis e coincidindo coa celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, todo o cole elaboramos o noso particular MAIO. Hai vai unha foto para que vexades o chulo que quedou!!!!

 

Ademais esta semana seguiremos falando de MANUEL MARÍA no cole. Temos unha pequena exposición de carteis que nos contan cousas sobre o el e onde tamén podemos ver algúns dos seus libros.

E nos recreos de Primaria, coma todos os anos, o noso PALCO ABERTO!!!!!!

A violencia de xénero

O xornal "La Voz de Galicia" do pasado día 14 de xaneiro inclúe, na sección "Cartas al director" un traballo do alumno deste Centro Amador Torre.

Distribuir contido