AVENTURA NO ESPAZO

Dentro do proxecto "aventura no espazo" comezamos centrándonos nas fases da lúa e os movementos desta e do planeta Terra. Empregamos Unha lanterna, que simulaba a luz solar, para comprobar os "cambios de forma da lúa" así como o " día e noite" no noso planeta. Tamén empregamos a aplicación BODYPLANET, para ver estas aprendizaxesnen Realidade Aumentada.

VISITA DE GU GUEDES A 1º E 2º DE ESO

Foto da visita de Gui Guedes, xogador do Clube Deportivo  Lugo co alumnado de 1º e 2º de ESO. 

DÍA DA POESÍA

Actividade do Club de Lectura e da Biblioteca para celebrar o Día da Poesía.

O alumnado de1° Eso pasou polas aulas dos compañeir@s dos outros cursos da ESO, recitando poemas elixidos por eles,a maior parte ,e outros sobre o que é a poesía indicados pola profesora de Lingua Galega.

 

Algúns dos poetas recitados foron Marilar  Aleixandre, Fran Alonso, Rosalía de Castro, Manuel María, Marta Dacosta, Carlos Negro ou Celso Emilio Ferreiro.

VISITA DO CLUBE DEPORTIVO LUGO

O alumnado de sexto de primaria recibiu a visita do Club Deportivo Lugo. 

Distribuir contenido