DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Os nenos e as nenas de 3 anos celebramos o día da auga, da mellor maneira posible, regando os nosos xeranios.

E para celebrar o día da árbore, os nenos e nenas de 3 anos, traballamos o grafismo con este libro: Wangari y los árboles de la paz. Encantounos este conto. E sobre todo, mirade que bonitos quedaron as nosas árbores!!!

SHOPPING IN CLASS

Na clase de cuarto de primaria fixemos un pequeno mercado no que practicamos como mercar e vender comida nas tendas. Todos os alumnos poideron representar os papeis de vendedores e de compradores. Utilizamos produtos reais, unha lista de prezos, recibos para anotar a conta, listas de compra e pagamos con tarxeta de crédito. Non esquecemos levar a nosa propia bolsa!

 

APADRIÑAMENTO LECTOR. MARZO

Esta tarde tivemos de novo Apadriñamentos lectores. Xa nos tardaban!! Gústanos moito que veñan os nosos padriños  e as nosas madriñas a lernos un conto á biblioteca. E xa vedes como disfrutamos!! Ata a próxima!!

SEMANA INTERNACIONAL DA FRANCOFONÍA

Esta semana a nosa super biblioteca tamén celebra a semana Internacional da Francofonía! 

Para a ocasión, además da xa tradicional proposta de lectura ( por certo, agora tamén poden levar DVDs en francés para casa!), a profesora da materia preparou unha actividade cultural lúdica: para comezar fixo unha selección de fotos de monumentos emblematicos e de persoas famosas de Francia. A continuación  transformou as fotos en espirais como se fosen discos, xa que o título da exposición é "Si la France était une chanson". 

O alumnado tivo que observar, buscar e emparellar as espirais coas fotos reais e facer unha búsqueda na rede para identificar cada persoa e cada lugar. 

 

Ademais de pasalo ben con ese orixinal desafio, souberon organizarse, colaboraron, descubriron cancións & moitas outras cousas  e conseguiron identificar a gran maioría das fotos. Parabéns para eles!

Distribuir contenido