A VOLTA AO MUNDO EN ALGO MÁIS DE 80 DÍAS

O alumnado de 5º Ed. Infantil, andamos dende o comezo de curso, dando a volta ao mundo en algo máis de 80 días, axudándonos da serie de Willy Fog.  Xa pasamos por Londres, e por París, e ahora tacaríanos visitar Brindisi e o país de Italia, pero aproveitando que temos no cole este ano, unha axuliar de conversa da India, país, que tamén visita Willy Fog, pois decidimos aprender cousas da  India, man de Ritu. Despois voltaremos hacia atrás para poder saber cousas de Italia e de Exipto, pero quizá sexa para o ano.

Dendelogo, se viaxaramos con Willy Fog, Tico e Rigodón, non ganábamos a aposta... xa que nos vamos a outro ritmo, e atopamos tantas cousas interesantes en cada país, que sempre queremos saber máis e máis.

Vamos enseñarvos unha pequena mostra da nosa viaxe por París e das cousas que alí descubrimos.

Fixemos o museo do Louvre, para ter o noso propio museo, nas nosas casas.

Vimos que dentro do Museo do Louvre había un cuadro moi moi famoso, e que nos tiñamos tamén no noso cole. A Gioconda

E por último, fomos tamén a Disneyland. E fisemos un photocoll como se estiveramos alí en persona... Foi divertido!!!

Temos que dar as gracias a todas as familias que colaboran en todas as actividades que lles propoñemos, e tamén ás profes e a Mercedes, que colaboran facendo máis motivadoras as actividades.

E quedamos á espera do que vamos a decubrir con Ritu sobre a India

A NOSA ESCOLA CON PALESTINA

O venres 12, alumnado e profesorado do CPI Plurilingüe de Castroverde participamos nunha concentración e lectura dun manifesto en solidariedade co pobo palestino.

SEMANA DAS CULTURAS

OBRADOIRO FRANCÓFONO DE ESCRITURA CREATIVA

TALLER DE ROBÓTICA APLICADA Á AGRICULTURA

CHARLA SOBRE PERUGIA E O ITALIANO

MURAL SOBRE AGRICULTURA EN KENIA

MURAL DA COMIDA DE KENIA

RECUNCHO DA SEMANA DAS CULTURAS NA BIBLIOTECA

A semana pasada celebramos a Semana das Culturas no centro con diferentes iniciativas.
O xoves realizouse un obradoiro francófono de escritura creativa en 2º da ESO coa axuda do alumnado de francés de 4º da ESO. Unha vez deixaron voar a imaxinación, dramatizaron o que crearon. Ese mesmo día tivo lugar unha charla para toda a ESO sobre Perugia, unha cidade italiana, e sobre expresións básicas italianas e xestos italianos.
O venres o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a un taller de robótica aplicado á agricultura. Para o alumnado de 5º e 6º de primaria tamén tivo lugar a charla sobre Perugia e o italiano.
No comedor degustáronse pratos típicos da cultura india, marroquí e latina.
Na biblioteca adicouse un recuncho á exposición de receitas e linguas do mundo (elaboradas por alumnado de primaria e secundaria) e de festivais e moeda da India. Ademáis, diante da biblioteca pódense ver dous murais sobre a comida e a agricultura en Kenia con palabras en swahili.

BOLSAS EUROLINGUA

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.
REQUISITOS:

  • IDADE. Ter nacido con anterioridade ao 31 de decembro de 2009.
  • NACIONALIDADE. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
  • ESTUDOS. Estar matriculado no presente ano escolar 2023-24 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Ciclos Formativos ou Titulación Universitaria regrada (mestrados e doutaramentos incluídos) en España.
  • MEDIA DO EXPEDIENTE ACADÉMICO mínimo 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente corrector en función dos estudos.
  • Estudantes na ESO, Bacharelato e FP: nota media da 1ª avaliación do curso actual.

 
PARÁMETROS DE PUNTUACIÓN
A puntuación máxima será 140 puntos dos que o 71% (100 puntos) obteranse do expediente académico e o 29% restante (40 puntos) a través dos méritos (este apartado non é obrigatorio pero si recomendable para aumentar a puntuación).
 
O programa está financiado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán, nos meses de xullo ou agosto
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

 
PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA
Ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024.
Bases da convocatoria: https://reservas.venairlanda.com/CONVOCATORIA-BECAS-EUROLINGUA.pdf
Cómo solicitar a bolsa: https://www.becaseurolingua.com/como-solicitar-la-beca/
Requisitos:  https://www.becaseurolingua.com/requisitos/
Preguntas frecuentes: https://www.becaseurolingua.com/preguntas-frecuentes/
Máis información: https://www.becaseurolingua.com/

SEMANA CULTURAL: BOLIÑOS DE PASAS E COCO

Seguimos esta semana degustando comidas doutras  culturas. E esta vez tocoulle ó país africano Mali. Poidemos degustar boliños de coco e uvas pasas que foron un éxito rotundo.

Temos que dar as gracias a Filo polos seus ensaios fóra de horario deste postre ,  e a Pablo e a Maria José  por axudar a elaboralos. Sen eles, que son o personal de cociña do Cpi de Castroverde, non sería posible elaborar todo esto. Moitas gracias por facer estes platos doutras culturas,  pero sobre todo polo que facedes a diario, pola comida tan rica, fresca, e variada que temos todos os días. Pola vosa atención, o cariño co que nos atendedes a todxs, o coidado  que tedes coas intolerancias e menús especiais que hai que facer, esas manzanillas que tedes aí na cociña, (que son milagrosas), porque son capaces de curar calquera doencia, e que saben tan ben.  E tamén queremos ter un especial recordo para Amparo e para Elia, as antigas cociñeiras que fixeron unha labor moi especial con todxs nosoutrxs, e que por diferentes circunstancias xa non están no cole.

Distribuir contenido