CONTACONTOS EN INGLÉS: DEAR ZOO

Unha vez máis, alumnado voluntario de 6º de primaria acudiu á aula de Educación Infantil para contar un conto en inglés. Neste caso foi "Dear Zoo" de Rod Campbell. Hai que dar as grazas polo esforzo que supón para estas voluntarias traballar a pronuncia, entonación, interpretación, etc. É un traballo feito fóra do horario escolar e, aínda que poden consultar as dúbidas cando están co colexio, ten moito mérito participar nunha actividade coma esta que ó tempo que beneficia e motiva aos máis pequenos, contribúe enormemente á mellora da competencia lingüística do alumnado voluntario.

APADRIÑAMENTOS DE SEXTO E PRIMEIRO DE PRIMARIA

Apadriñamentos lectores en 1º Ed. Primaria cos padriños e madriñas de 6ºEd. Primaria.

APADRIÑAMENTOS: 5º PRIMARIA CON 5º DE INFANTIL

De novo aquí estamos cos nosos padriños e madriñas. Encántanos esta actividade, porque así tamén os podemos ver e falar con eles.

SAÍDA A SANTIAGO: 5º E 6º DE PRIMARIA E 3º DA ESO

O martes 16 de Abril o alumnado de 5º e 6º de primaria e o de 3º da ESO, tivo a oportunidade de visitar Santiago de Compostela.
Pola mañá todo o grupo visitou o Edificio da Xunta de San Caetano, onde tiveron a oportunidade de sentarse nas cadeiras dos conselleiros e conselleiras da Xunta de Galicia e averiguar os asuntos dos que se ocupan. Posteriormente visitaron o edificio do Parlamento de Galicia, onde puideron asistir de cerca aos preparativos e un fragmento por circuito pechado da solemne Sesión plenaria de apertura de la XII Lexislatura do Parlamento de Galicia. Alí se lles explicou o funcionamento do Parlamento e as distintas dependencias do mesmo.
Tras comer no parque da Alameda os grupos dividíronse. Á tarde o grupo de primaria deu primeiro un paseo pola Alameda, onde xogaron nun parque infantil con tirolina, para posteriormente dar un paseo polo casco histórico. O grupo de secundaria fixo un percorrido guiado pola profesora de xeografía e historia polo casco histórico, analizando fachadas barrocas e neoclásicas de diferentes edificios.
Coidamos que foi unha saída extraescolar moi interesante na que aprenderon numerosos contidos de xeografía, historia e arte de Galicia.

Distribuir contenido