LAS LITERATAS. CARTA A EDUARDA, ROSALÍA DE CASTRO

El alumnado de 4° da ESO realizou, na materia de Lingua Castelá, unha tertulia literaria sobre o texto "Las literatas. Carta a Eduarda" de Rosalía de Castro.

Este texto trata varios temas, pero nós centrámonos sobre todo en analizalo en tanto que é un texto pioneiro do feminismo en tanto que expón a situació n das mulleres escritoras da época.

DÍA DE ROSALÍA EN ESO. ACTIVIDADE DE MÚSICA E LINGUA GALEGA

No CPIP de Castroverde celebramos o Día de Rosalía  coa interpretación musical dun dos seus poemas, o titulado "Alborada"; o alumnado de 1° e 3° ESO leu o manifesto escrito pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e fíxose ,nun dos taboleiros de secundaria,unha exposición de poemas da autora galega e de poemas adicados a ela.Ademais nas clases de Lingua Galega léronse e escoitáronse algúns poemas da autora.

 

OH DEAR!

 


Tres alumnas de sexto de primaria contaron, en inglés, o conto "Oh Dear!" de Rod Campbell na aula de 5º EI. Conseguiron que a súa audiencia estivera moi atenta. Despois practicaron con eles os nomes dos animais do conto e xogaron un "memory" con tarxetas de debuxos da historia. Un momento moi productivo e divertido para todos!

 
 

OBSERVA-ACCIÓN. XORNADA DE ACOLLIDA.

Xornada de acollida do profesorado do CPI As Mirandas dentro do programa observa-acción, celebrada o 26 de febreiro.

A PRESENZA XUDEA NA PENÍNSULA IBÉRICA

O día 8 de febreiro, na clase de Xeografía e Historia contamos cunha charla de Inma, a profesora de francés, sobre a presencia xudea na Península Ibérica ata a Idade Media. Inma investiga no Centro  Internacional de Estudos Sefardíes e Hebreos.  Nela descubrimos a estreita relación que aínda temos no presente con aqueles antergos: apelidos comúns a nós, a presencia de barrios xudeus en vilas cercanas como Lugo, Monforte, Ribadavia, Coruña, Ribadeo, Allariz, Ourense, Tui, Baiona ou Pontevedra... Visualizamos a un grupo de persoas que non eran tan minoritarios e do que descendemos, un grupo perseguido e querido ao mesmo tempo que deixou unha importante pegada na arte, na literatura e no coñecemento cotián. Unha parte de nós (se cadra algunha persoa do noso árbol xenealóxico) que viaxou polo mundo agasallando con descubrimentos e aportacións como a do filósofo Baruch Spinoza, literatos como Santa Teresa ou San Juan de la Cruz, a actriz de Harry Potter Helena Boham Carter ou mesmo a marca de iogures Danone.
Sen dúbida, unha clase na que ampliamos horizontes e solidariedade.

Distribuir contenido