Edu-Sostibilidade

DÍA DA FAMILIA EN 5º DE EI

Para conmemorar o día da familia, fixemos este tarros, que reciclamos da cociña, e que xa usáramos no Entroido, para meter a planta que foramos fai uns días mercar na casa de Serra de Castroverde, e así agasallar ás nosas familias con este ser vivo, que nos comprometemos a coidar.

VISITA DO ZOQUEIRO

O alumnado de 1° de ESO disfrutou da experiencia de ver un zoqueiro tradicional que nos amosou os seus traballos como artesán ademais das ferramentas que usa para a elaboración  de zocas e cestería. 

Resultou fascinante ver cómo estas artes tradicionais foron recollidas por unha persoa tan nova que combina os seus estudos de 1° de BAC  co compromiso casi moral de conservar as tradicións dos nosos ancestros.

Non só nos ensinou o proceso de elaboración artesán  senón  que nos transmitiu certos valores relacionados co compromiso e respeto pola nosa cultura e tradicións  ademais de demostrarlle ó alumnado que o tempo é valioso e relativo,e que temos mais do que pensamos  para utilizalo  nun ocio mais diverso e rico que ó que están acostumados.

Toda unha experiencia!

A COCIÑA E HOSTALERÍA COMO ACTIVIDADE PROFESIONAL

O cociñeiro do CPI Plurilingüe de Castroverde Pablo L. Trashorras deu unha conferencia ao alumnado de 4º de ESO para que coñeceran as diversas saídas profesionais que hai e o apaioxoante que pode ser o mundo da cociña como modo de vida. Ademais de ser aprendizaxes que contribúen a levar unha vida saudable  e a saber relacionarse e desenvolverse neste mundo globalizado.

CELEBRAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA

Para celebrar a chegada do mes de maio, na nosa aula fixemos unhas coroas feitas con xestas para decorar o maio que nos donou ZUNCU MIÚDO, a asociación de gaitas á que asisten varios alumnos e alumnas do noso cole.

Distribuir contenido