Saltar navegación.
Inicio

DEBUXO ANATÓMICO: A CABEZA HUMANA

 

Estos son os pasos para debuxar unha cabeza vista de fronte e de perfil, tendo en conta as súas proporcións :

  • O cráneo humano aseméllase a un ovoide.

  • A altura dos ollos está á metade da altura total da cabeza.

  • A punta do nariz está un pouquiño máis arriba do punto medio entre o nivel dos ollos e o queixo.

  • A boca está a pouco máis de 1/3 de distancia entre o nariz e o queixo.

  • O espazo entre os ollos é similar ao ancho dun ollo, e o espazo que queda desde cada ollo ao lateral da cabeza tamén. Polo tanto si dividimos en 5 partes iguais a liña que marca o nivel dos ollos, teremos definido o espazo que ocupan estes.

  • O nariz é tan ancho como o espazo entre os ollos.

  • A boca é tan ancha como o espazo entre a parte interna do iris de ambos ollos.

  • O coiro cabeludo ocupa un tercio do espazo entre os ollos e o extremo superior da cabeza.

  • A parte superior das orellas está á altura dos ollos, e a parte inferíor un pouco por baixo da altura do nariz.

  • O pescozo empeza un pouco máis abaixo das orellas.

No perfil debemos observar:

  • A parte posterior da orella sitúase á mesma distancia do ollo que a metade da altura do rostro.

  • Tamén é importante que a mandíbula vaia desde o queixo ao lóbulo da orella.

Tendo en conta as proporcións da cabeza dunha persoa, Sofía Tomasi Martínez, de 1º ESO,  fixo dous marabillosos debuxos:

 

 

 

 

 

Claudia Balo Iglesias, de 1º ESO, seguiu estas pautas na representación dunha cabeza de fronte e de perfil, e o resultado foi tamén moi persoal e fermoso:

 

 

 

Outros dous exemplos estupendos, o primeiro de Martín Silva Sánchez:

 

E estoutro de Mara Gómez Tarrío:

 

 Outro exemplo de 1º ESO, de Sabela Gómez Castro: