Saltar navegación.
Inicio

Educación Plástica e Visual

O CINEMA

A continuación podedes ver algún dos traballos feitos en 4º ESO durante este curso 2021_22 sobre o cinema, empregando os elementos mínimos da linguaxe visual, neste caso puntos ou liñas.

Este traballo está feito por Samuel Gallardo. Trátase dunha versión actualizada do cartel da película Metropolis, un filme mudo de ciencia ficción creado por Fritz Lang en 1927 e que podemos considerar unha das obras mestras da sétima arte:

Os seguintes traballos son de Claudia Segade, con dúas versións do mesmo cartel:

 E a seguinte composición é un cartel orixinal de Óscar Varela e Sofía Tomasi sobre o cinema:

PROXECCIÓN ISOMÉTRICA

A Xeometría Descriptiva é a parte do Debuxo Técnico que ten por obxecto a representación de corpos tridimensionais sobre superficies bidimensionais. Isto é posible grazas aos diferentes Sistemas de Representación.

Un destes sistemas e o Sistema Axonométrico, dentro do cal destaca a Perspectiva Isométrica, na que os tres eixes espaciais definen ángulos de 120º e as dimensións mídense na mesma escala sobre cada un deles. A isometría permite representar de forma volumétrica obxectos a escala, pero non semella tan realista como a Perspectiva Cónica.

Un exemplo é esta escaleira debuxada por Nahuel Conde Cea, de 4º ESO:

 

DEBUXO ANATÓMICO: A CABEZA HUMANA

 

Estos son os pasos para debuxar unha cabeza vista de fronte e de perfil, tendo en conta as súas proporcións :

  • O cráneo humano aseméllase a un ovoide.

  • A altura dos ollos está á metade da altura total da cabeza.

  • A punta do nariz está un pouquiño máis arriba do punto medio entre o nivel dos ollos e o queixo.

  • A boca está a pouco máis de 1/3 de distancia entre o nariz e o queixo.

  • O espazo entre os ollos é similar ao ancho dun ollo, e o espazo que queda desde cada ollo ao lateral da cabeza tamén. Polo tanto si dividimos en 5 partes iguais a liña que marca o nivel dos ollos, teremos definido o espazo que ocupan estes.

  • O nariz é tan ancho como o espazo entre os ollos.

  • A boca é tan ancha como o espazo entre a parte interna do iris de ambos ollos.

  • O coiro cabeludo ocupa un tercio do espazo entre os ollos e o extremo superior da cabeza.

  • A parte superior das orellas está á altura dos ollos, e a parte inferíor un pouco por baixo da altura do nariz.

  • O pescozo empeza un pouco máis abaixo das orellas.

No perfil debemos observar:

  • A parte posterior da orella sitúase á mesma distancia do ollo que a metade da altura do rostro.

  • Tamén é importante que a mandíbula vaia desde o queixo ao lóbulo da orella.

Tendo en conta as proporcións da cabeza dunha persoa, Sofía Tomasi Martínez, de 1º ESO,  fixo dous marabillosos debuxos:

 

 

 

 

 

Claudia Balo Iglesias, de 1º ESO, seguiu estas pautas na representación dunha cabeza de fronte e de perfil, e o resultado foi tamén moi persoal e fermoso:

 

 

 

Outros dous exemplos estupendos, o primeiro de Martín Silva Sánchez:

 

E estoutro de Mara Gómez Tarrío:

 

 Outro exemplo de 1º ESO, de Sabela Gómez Castro:

 

 

 

 

Grandes artistas

Wassily Kandinsky naceu en Moscova en 1866 e faleceu en Francia en 1944. Actualmente é recoñecido, entre outras cousas por ser un dos iniciadores da arte abstracta no século XX.

A súa vida foi moi interesante, xa que a pesares de estudar Dereito e Economía e ser profesor na Universidade, deixouno todo para adicarse a pintura.

Formou parte do colectivo Der Blaue Reiter, e foi profesor na Bauhaus. Tamén escribiu obras que seguen hoxe vixentes, a pesares de que lle tocou viivir a 1ª e a 2ª Guerra Mundial.

A Kandinsky preocupáballe o materialismo da sociedade e creía que a arte abstracta era unha vía de liberación para o ser humano. Propugnaba unha función mística da arte, unha arte non figurativa que non respondese ás aparencias senón á forza interior do artista.

O alumnado de 4º E.S.O. fixo neste curso un mural conxunto, baseado na obra "Amarelo, vermello e azul", que Wassily Kandinsky pintou en 1925. É un cadro de gran beleza, no que os elementos e as cores se dispoñen creando unha composición chea de contrastes e dinamismo. O alumnado soubo recrear moi ben a súa enerxía e vitalidade.

 

 

Edward Hopper foi un dos primeiros artistas estadounidenses en reflectir nos seus cadros o illamento humano na cidade moderna. En Morning Sun, Jo, musa e esposa do pintor, recibe os primeiros raios do amencer perdida nos seus pensamentos. O seu ollo dereito que parece cego, a parede espida e a elevación da habitación sobre a rúa suxiren a desolación e a soidade da impersonal vida urbana. 

No seguinte enlace podedes atopar a imaxe e máis información sobre esta magnífica obra:

https://historia-arte.com/obras/hopper-sol-de-la-manana

Sofía Tomasi, en 3º ESO fixo unha fantástica revisión actualizada deste cadro, Sol de la mañana:

 

OP ART

A arte óptica, ou Op-Art, é un tipo de arte visual, que xoga coas ilusións ópticas. O alumnado de 1º ESO, analizou e elaborou diversas imaxes deste tipo. Aquí vedes algúns exemplos de Alicia Gómez, Bárbara Barral, Fabián Gago, Ignacio Codesido, Daniel Ferro, Irene León, Ismael Canabal, José Antonio Ruano, Laura López, Samuel Mouriño, Santiago Facorro e Yoel Couto.

https://www.youtube.com/watch?v=z2KHvbJY980

 

Esta letra imposible tridimensional é un traballo de Andrea Cruces, de 1º ESO:

Este espazo xeométrico, fíxoo Iris Pintor, tamén de 1º no curso 2021_22:

E estoutro espazo multicolor fíxoo Zahira Carrillo, do mesmo curso:

 

O ALFABETO VISUAL:

As artes plásticas teñen a súa propia linguaxe e o seu alfabeto que, lóxicamente, é un alfabeto visual.

Este alfabeto está composto de varios elementos: o punto, a liña, o plano, a textura, o valor..

A continuación podemos ver unha presentación dos traballos realizados polo alumnado de 3º de ESO sobre o punto, a liña e a mancha. Son traballos de: Pablo Canabal, Nahuel Conde, Miguel Ángel Couto, Silvia Fernández, Silvia Ferro, Natalia García, Iván López, Iago Mato, Rubén Pumar, Roi Rendo, Xurxo Rendo, Yago Rodríguez, José Sánchez, Miguel Suárez e Mikel Toubes:

https://www.youtube.com/watch?v=rKeGmGJQKTQ

 

Nos seguintes tres debuxos de Adrián Quintás, 3º ESO, podemos ver a mesma imaxe resolta só con puntos, con liñas ou con mancha:


 

 
O PUNTO:

O punto é o elemento mínimo de expresión, pero as posibilidades expresivas de este pequeno elemento son moitas. Podemos variar a sua forma, tamaño, posición, cor, textura, e combinalo creando imaxes.

Exemplos son estes traballos de:

Xián Rendo 1º:

 

Elena López 1º:

 

Laura Iglesias 1º:


 

Ana Ares Méndez 1º:

 

Natalia Fernández Ares 1º:

 

Daniel Ferro 1º:

 

Beatriz Barral 1º:

 

Sabela Gómez 1º:

 

Irene Mitrán 1º:

 

 Ana María Mareque 3º:


 

Jesús Souto 3º:

 

Celia Fernández Rial 3º:

 

Tomás Souto 3º:

 

Si sumamos o resultado obtido por cada un dos alumnos e alumnas de 3º da ESO neste curso, obtemos un resultado case perfecto..!:

 

 
A LIÑA:

A liña é un dos elementos máis sinxelos cos que contamos para debuxar pero, aínda así, ten moitas posibilidades.

Con liñas podemos separar espacios, crear degradados e texturas, facer bosquexos, trazar perspectivas, delimitar contornos...etc

Aquí podemos ver debuxos de:

 

Xián Rendo 1º:

 

Laura Iglesias 1º:

 

Cristina Pereiras 1º ESO:

 

Daniel Rey 3º:

 

 

David Ares 3º:

 

 

Marina Gómez 3º:

 

 

Xián Rendo 3º:

 

 

Celia Fernández 3º:

 

Adrián Mecías 3º:

 

 

Eva Vieites 3º:

 A continuación podemos ver tres exemplos estupendos de como unha mesma imaxe se pode interpretar con liñas de distintos xeitos:

Un exemplo de Irene Rendo, de 3º ESO, durante o curso 2021_22:

Outro tipo de liñas, na interpretación que fixo María Suárez:

E a mesma imaxe feita con liñas máis xestuais, por Vanessa Carracido:

 

TANXENCIAS, ENLACES E NÓS CELTAS

Os problemas de tanxencias que dan lugar a enlaces xeométricos harmónicos empréganse sobre todo no deseño gráfico e de produtos.

Un exemplo é o deseño coñecido como "espiroide", presente nas vaixelas de Sargadelos. Está inspirado nunha greca que apareceu nunha coroa de Elviña, do século V a. C.

Como exercicio de tanxencias e enlaces, este ano resolvimos o espiroide resultando un problema moi completo xa que contén tanxencias entre rectas e circunferencias, ligazóns de diversos arcos de circunferencia, espirais, e por suposto beleza e identidade cultural.

 

Garikoitz Ruano, de 3º ESO ensínanos co seu debuxo a xeometría que hai baixo este deseño:

 

E Ana Ares, de 3º ESO, móstranos unha segunda capa na que predomina a forma e a cor:

 

 Nesta ocasión fixemos o símbolo que representa a dualidade presente en tódalas cousas do universo según a filosofía oriental taoísta, o Yin e Yang.

Un exemplo é a interpretación do Yin e Yang que realizou Fabián Gago, de 3º ESO:

 

Neste caso vemos outro exemplo realizado por Alejandro Pegito de 3º ESO:

..e Claudia Segade Martínez de 3º ESO:

Outro exemplo neste caso de Claudia Balo Iglesias de 3º ESO:

 

Outro símbolo que podemos trazar con tanxencias e enlaces é o Tríscele celta, tamén moi antiguo e que está moi presente na arte galega castrexa.

Velaquí un fermoso exemplo versionado por Sofía Tomasi, de 3º ESO:

E outro traballo de gran calidade artística de Sofía Tomasi é esta versión dun nó celta de catro brazos:

 

O PRAXINOSCOPIO

O cinema de animación é un tipo de cinema que crea a ilusión de movemento por medio dunha sucesión de imaxes, tradicionalmente debuxadas.

En 1877, o francés Émile Reynaud inventou o praxinoscopio dando lugar así a orixe do cinema de animación, antes mesmo da invención do cinematógrafo.

O praxinoscopio é un aparello óptico no que o observador mira a través dun visor cara unha roda de espellos que reflexan as imaxes debuxadas sobre unha tira de papel. Ao facelo xirar, o efecto óptico denominado "persistencia retiniana" fai o resto e o noso cerebro interpreta esa sucesión de imaxes estáticas coma se realmente existise movemento.

Os alumnos e alumnas de 3º ESO esqueceron por uns momentos as novas tecnoloxías e descubriron que cun lapis, un papel e un chisco de creatividade eran quen de crear a ilusión de movemento, como aqueles pioneiros do cinema.

Vexamos un exemplo de Ana Ares 3º ESO:

https://www.youtube.com/watch?v=yjd2F1rYqPo

E outro de Damián Silva 3º ESO:

https://www.youtube.com/watch?v=PBFoJCiOyZA

 Un exemplo máis de Lucía Seoane Fernández, de 4º ESO:

https://www.youtube.com/watch?v=ikD1e6IRbXM

 

MODELADO

Pablo Louzao, Carla Larroy e Juan Otero, de 1º ESO, realizaron unhas fermosas pezas con pasta de modelar, que conforman case unha pequena vaixela, cunha decoración natural nun caso, e cunha clara influencia dos deseños xeométricos da Cerámica de Sargadelos nas outras dúas:

 

Neste curso 2023_24, o alumnado de 4º ESO fixo uns paxaros ben bonitos:

 Todos están moi ben!

Imos ver algúns...

Este fíxoo Handi:

E este Elia Costa:

Estoutro Lucía López:

Este María Rodríguez:

E este Mara Gómez:

Estoutro Arón Seoane:

Este Aroa Rodríguez:

E estoutro Irene Rodríguez:

 

 

Distribuir contido