Saltar navegación.
Inicio

O PRAXINOSCOPIO

O cinema de animación é un tipo de cinema que crea a ilusión de movemento por medio dunha sucesión de imaxes, tradicionalmente debuxadas.

En 1877, o francés Émile Reynaud inventou o praxinoscopio dando lugar así a orixe do cinema de animación, antes mesmo da invención do cinematógrafo.

O praxinoscopio é un aparello óptico no que o observador mira a través dun visor cara unha roda de espellos que reflexan as imaxes debuxadas sobre unha tira de papel. Ao facelo xirar, o efecto óptico denominado "persistencia retiniana" fai o resto e o noso cerebro interpreta esa sucesión de imaxes estáticas coma se realmente existise movemento.

Os alumnos e alumnas de 3º ESO esqueceron por uns momentos as novas tecnoloxías e descubriron que cun lapis, un papel e un chisco de creatividade eran quen de crear a ilusión de movemento, como aqueles pioneiros do cinema.

Vexamos un exemplo de Ana Ares 3º ESO:

https://www.youtube.com/watch?v=yjd2F1rYqPo

E outro de Damián Silva 3º ESO:

https://www.youtube.com/watch?v=PBFoJCiOyZA

 Un exemplo máis de Lucía Seoane Fernández, de 4º ESO:

https://www.youtube.com/watch?v=ikD1e6IRbXM