Saltar navegación.
Inicio

Entrar

PLURINFANTIL

Sesión de formación coas familias

 

 

 

 

Libros de Manuel María. Educación Infantil

Este é o libro con poemas de Manuel María que, a proposta da súa profe, Vanessa, fixeron os alumnos e alumnas de Infantil de tres aniños. Bueno, eles e elas coa axuda das súas familias. Entre todos e todas crearon esta maravilla de poemario ilustrado. Se queredes velo, podedes pasar pola biblioteca do centro onde están exposto para o voso disfrute...

 

Pero se os alumnos e alumnas de tres anos fixeron esa preciosidade que vedes no anterior post, os cativos e cativas de catro- os da profe María José- non se quedaron atrás nin moito menos e fixeron outro poemario que quita o sentido de bonito. Uns artistas: os nenos, as nenas, as nais, os pais,... E se non me credes, mirade o vídeo. Ah, e se queredes ollar o libro con calma, está tamén na biblioteca á vosa disposición...

 

E agora temos aquí a expresión da creatividade do alumnado da profe Cristina, os grandes de infantil con xa cinco anos, e das suás familias. Outra mostra de como se pode combinar de maneira artística e fermosa uns poemas de Manuel María con unhas preciosas ilustracións. Pero mellor que as vexades vós... Na biblioteca está este bonito poemario, convidados quedades todos e todas ...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL

Este é o espazo dos nenos e nenas de Infantil con actividades feitas por eles e para eles.  Entra e verás..

 

 

Animais Mariños

  As Abellas

Actividades

 

     

Contos

Arte

Fotos

  Recunchos


 

"O NOSO COLE" é un debuxo cooperativo feito coa colaboración de todo o ciclo

Distribuir contido