Saltar navegación.
Inicio

O CINEMA

A continuación podedes ver algún dos traballos feitos en 4º ESO durante este curso 2021_22 sobre o cinema, empregando os elementos mínimos da linguaxe visual, neste caso puntos ou liñas.

Este traballo está feito por Samuel Gallardo. Trátase dunha versión actualizada do cartel da película Metropolis, un filme mudo de ciencia ficción creado por Fritz Lang en 1927 e que podemos considerar unha das obras mestras da sétima arte:

Os seguintes traballos son de Claudia Segade, con dúas versións do mesmo cartel:

 E a seguinte composición é un cartel orixinal de Óscar Varela e Sofía Tomasi sobre o cinema: