Saltar navegación.
Inicio

TANXENCIAS, ENLACES E NÓS CELTAS

Os problemas de tanxencias que dan lugar a enlaces xeométricos harmónicos empréganse sobre todo no deseño gráfico e de produtos.

Un exemplo é o deseño coñecido como "espiroide", presente nas vaixelas de Sargadelos. Está inspirado nunha greca que apareceu nunha coroa de Elviña, do século V a. C.

Como exercicio de tanxencias e enlaces, este ano resolvimos o espiroide resultando un problema moi completo xa que contén tanxencias entre rectas e circunferencias, ligazóns de diversos arcos de circunferencia, espirais, e por suposto beleza e identidade cultural.

 

Garikoitz Ruano, de 3º ESO ensínanos co seu debuxo a xeometría que hai baixo este deseño:

 

E Ana Ares, de 3º ESO, móstranos unha segunda capa na que predomina a forma e a cor:

 

 Nesta ocasión fixemos o símbolo que representa a dualidade presente en tódalas cousas do universo según a filosofía oriental taoísta, o Yin e Yang.

Un exemplo é a interpretación do Yin e Yang que realizou Fabián Gago, de 3º ESO:

 

Neste caso vemos outro exemplo realizado por Alejandro Pegito de 3º ESO:

..e Claudia Segade Martínez de 3º ESO:

Outro exemplo neste caso de Claudia Balo Iglesias de 3º ESO:

 

Outro símbolo que podemos trazar con tanxencias e enlaces é o Tríscele celta, tamén moi antiguo e que está moi presente na arte galega castrexa.

Velaquí un fermoso exemplo versionado por Sofía Tomasi, de 3º ESO:

E outro traballo de gran calidade artística de Sofía Tomasi é esta versión dun nó celta de catro brazos: