Saltar navegación.
Inicio

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS DA ESO. CURSO 18-19

Publicada a adxudicación provisional do Fondo Libros da ESO. 

A listaxe definitiva non se publicará ata o día 14 de setembro, unha vez rematados os exames da convocatoria extraordinaria e rexistrada a matrícula o alumno/a (do 6 ao 10 de setembro)

Para calquera dúbida ou consulta poden chamar ao colexio ou consultalo na páxina web www.edu.xunta.es/fondolibros/

Tamén poden recoller na secretaría do colexio os cheques de material adxudicados.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS DE PRIMARIA. CURSO 18 - 19

Publicada a adxudicación provisional do Fondo de Libros de Primaria.

Para calquera dúbida ou consulta poden chamar ao colexio ou consultalo na páxina web www.edu.xunta.es/fondolibros.

Tamén poden coller na secretaría do colexio os cheques de libros de 1º e 2º de primaria e cheques de material adxudicados.

Recollida libros de texto. Fondo Solidario

Estimadas  familias:

Informamos que os próximos días  15 e  18  de xuño levaremos a cabo a recollida dos libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria    recibidos do  fondo solidario no curso 2017 / 2018.

Cada alumno e alumna entregaralle os libros ao seu Titor ou Titora quen  se encargará de rexistrar a súa devolución. Pregámoslle que  poñan especial coidado sobre todo naqueles libros que teñen 3 volúmenes,  un  para cada trimestre, posto que  a  falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario para o vindeiro curso  2018/19.

 A resolución da convocatoria para o próximo curso será:

 -      Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario (3º, 4º, 5º, 6).

-      Días 10 e 11 de xullo: presentación de reclamacións.

-      Día 13 de xullo: publicación da listaxe definitiva.

-      Día 6 e 7 de setembro entrega de libros no Centro en horario de 10:00 a 13:00.

Voluntariado de lectura - A

O noso CPI Fonte-Díaz foi un dos dez Centros seleccionados, dun total de 70 participantes, no PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DE LECTURA A, pola calidade das actividades recollidas na memoria presentada. Por este motivo a Asesoría de Bibliotecas organiza un obradoiro específico de "Book trailers" destinado ao alumnado de 6º que se realizará o dia 8 de xuño no Centro.

Convivencia e comunicación en entornos dixitais (familias)

O xoves 24 de maio as familias poderán asistir a partir das 16:15, á charla no Centro sobre Convivencia e comunicación en entornos dixitais.

Día do libro

 Día do Libro

 

Desde a Biblioteca estamos a argallar algunhas actividades para esa semana. Aquí están a modo de resumo:

COLLIDXS LENDO- Durante toda a semana faranse fotografías do alumnado e profesorado lendo, imaxes que logo serán parte dunha exposición.

EXPRÉSATE. FAITE OÍR- Habilitaranse tres cabaletes para que o alumnado, e vós tamén se queredes, exprese as súas opinión en torno aos libros... Que libro levarías a unha illa deserta? Eu leo porque... e Que son os libros para ti? Agradeceriamos que animásedes ás vosas alumnas e alumnos a que deixen libremente alí as súas ideas.

GROLIÑOS LITERARIOS- Vasos cheos de poemas, adiviñas, fragmentos literarios,... para degustar. Tamén agradeceriamos a difusión entre o voso alumnado.

ENTREGA DOS PREMIOS 'PASAPORTES LECTORES'. Alumnado de Primaria. O sorteo e a entrega farase o luns 23 ás 10:45 no patio cuberto.

A ÁRBORE DE LIBROS- Repartiranse follas (de árbore) recortadas en cartolina para que o alumnado de Primaria escriba nelas o título do seu libro favorito e as decore se lle apetece. Colgaranse logo na árbore da biblioteca.

XOGANDO- A semana que ven estarán xa colgados no blog da Biblioteca, Mil contos para contar, varios xogos online sobre libros, contos, poemas,... Os xogos están dirixidos a Primaria.

CITA A CEGAS... CUN LIBRO NO BIBLIOPATIO. Carriño con libros xa envoltos para agasallo para que quen quera- “a cegas”- leve para casa. Serán libros de expurgo coma os da Feira do Día das Bibliotecas. Para alumnado de Primaria e Secundaria no recreo do día 23.

SESIÓN DE KAMISHIBAI- Haberá dúas sesión de teatro Kamishibai na biblioteca para o alumnado de Infantil (luns 23 ás 14:25) e 1º, 2º e 3º de Primaria (o mesmo día ás 15:15). A obra será 'Morgan, o neno celta'.

BÓTALLE UN OLLO AO LIBRO FAVORITO DE... Quixeramos facer unha exposición de libros de cartolina que conteñan un breve comentario, reseña, crítica, recomendación,... do libro favorito de cada un/unha de nós, profes e demais membros da Comunidade Educativa. Para que sexa algo unificado, podedes enviarnos a este correo os vosos textos antes dos venres 20 para organizalos e imprimilos. Debe levar o voso nome ou algún tipo de identificativo. Obviamente sen a vosa colaboración non é posible levar esta actividade adiante así que... contamos con vós? Grazas por adiantado!

A parte destas actividades e algunha outra sorpresa, o Concello (na súa representación o Alcalde e/ou a Concelleira de Cultura), fará entrega de cerca de 200 libros ao noso alumnado de 4º, 5º, e 6º de Primaria e da ESO. Será o día 23 ás 11:45 no patio cuberto. Este reparto forma parte dunha campaña da Deputación cos concellos, LIBROS PARA SERMOS LIBRES.

Todas ou case todas estas actividades serán desenvolvidas coa colaboración do alumnado voluntario da Biblioteca.

Coma sempre, moitas grazas pola vosa colaboración.

 

O EQUIPO DA BIBLIOTECA

FOTOS

FOTOS BLOG BIBLIOTECA

 

Distribuir contido