UNS PARRULOS MOI CÓMICOS

Queres participar neste novo concurso de cómic? Desta volta non terás que debuxar, senon simplemente completar as viñetas cunha historia da tua colleita. Haberá un premio por lingua de 20 euros para gastar nunha librería local. Anímate a participar!

Achega a túa historia en viñetas sobre os parrulos cómicos á conserxaría (o prazo estará aberto ata o luns 20 de maio). Bota unha ollada ás bases do concurso para saber máis.

CAMPAÑA "TRAE UN AMIGO/A A CLASE"

Tés algunha persoa achegada interesada en estudar idiomas? Agora na EOI Pontevedra podes convidar a un amigo/a vir a clase contigo co obxectivo de coñecer o funcionamento e dinámicas dos nosos cursos.

A campaña estará aberta ata o 23 de maio, incluído. Consulta co teu profesor/a e aproveita a oportunidade de dar a coñecer a Escola a outras persoas que tamén sinten paxión polas linguas!

CALENDARIO PROBAS: XUÑO 2024

Consulte o calendario completo de realización das probas para o curso académico 2023-24.

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO 2024

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA XUÑO 2024

IMPORTANTE: Prégase acudir á escola 15 min antes da realización de cada proba.

 
 
 
 
 
 
 
 

BECAS DO MINISTERIO: CURSO 2024-25

Se te vas matricular na EOI o vindeiro curso, incluída a modalidade de distancia, podes solicitar estas bolsas do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024. Consulta os requerimentos.

A solicitude preséntase a través da páxina web do Ministerio de Educación e FP.

MODALIDADE SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA

COMO ACCEDER A CENTROSNET

Prema neste titorial sobre cómo acceder á Plataforma Centrosnet para consultar as  notas e o expediente.

AVISO: SOLICITUDE ADAPTACIÓN EXAMES

Se precisas solicitar unha adaptación dos exames da escola debes ler o protocolo de adaptación de probas, cumprimentar o formulario e subilo coa documentación de matrícula a través da aplicación.

Distribuir contido