Teatropedia

O venres 12 de abril o alumnado de 1º BACH asistiu á representación da obra Teatropedia, da compañía Teatro Defondo, na Sala Ártika, na avenida de Beiramar.

Tres peculiares eruditos son os relatores do “XLV Congreso para la divulgación de la literatura española”, nesta ocasión dedicado ao teatro. Mais, sorpresivamente e por razóns económicas, teñen só unha hora para facer un percorrido pola historia do teatro español e unha breve referencia a Esquilo e á traxedia grega, e nada sairá como eles esperaban. Nunha viaxe cómica chea de situacións absurdas, o público coñecerá a obra de Lope de Vega, Calderón de la Barca, Zorrilla, Echegaray, Valle-Inclán, Lorca, Arrabal…

Ao rematar a obra, o alumnado participou activamente nun coloquio cos tres actores: Rocío Vidal, Pedro Santos e Pablo Huetos.